Iten a outra camara que esta ena cabeça dese paaço contra a capella de sam migeel, a qual camara foy de enfondiçon et de si como vay çarrada por parede ontre esta cortiña destas casas et a orta que agora ten meu fillo pero aras da cana et vay ferir esa parede desa cortiña em hua casa pequena de fernand abril notario que esta contra a Rua da algara, et desi começase esa parede entraueso yndo contra o muro do concello e vay ferir ena torreira que et deste lugar as tres quartas dela e desi arredor esta çarrada ja desta cortina vay ferir eno paaço que esta contra o muro do concello que eu leixo para o capellan en que diga a misa e en que more, segundo adeante he contiudo e declarado.
|