Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués

USC. Instituto da Lingua Galega

Galego | Português | English

   

Se desexa facer unha busca conxunta de varias formas, sepáreas mediante ;


As buscas poden facerse empregando ou non comodíns:

  • pena: busca a coincidencia exacta; na caixa de suxestións aparecen todos os rexistros que conteñen a cadea escrita: pena, pena d’água, pena de água, pena de morte etc.
  • v*iño: busca todos os rexistros comezados por <v> seguidos por cero ou máis caracteres e rematados en <iño>: viño, veciño, veriño, verán de san Martiño etc.
  • c?rta: busca todos os rexistros cun único carácter entre <c> e <rta>: carta, certa, corta etc.

Ordene os campos movendo as filas co rato

O Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués é unha base de datos léxica que permite o acceso rápido e cómodo a información contida en traballos de léxico dialectal de galego, portugués de Portugal e portugués do Brasil.

O Tesouro permite consultar de xeito simple a información completa contida en obras lexicográficas e dialectais que non sempre son de fácil acceso para os investigadores. A información das fontes orixinais ofrécese completa e organizada a partir de variantes, lemas, clasificación semántica e localización. A información textual compleméntase cunha representación cartográfica da distribución xeográfica das formas.

O proxecto do Tesouro iniciouse en 2009 promovido polo Instituto da Lingua Galega (USC). Na actualidade colaboran nel 20 universidades de Galicia, Brasil e Portugal.

As buscas na base poden realizarse a partir das formas léxicas (variantes ou lemas), da localización (Galicia, Portugal e Brasil) ou do campo semántico co que se asocian.

O Tesouro continúa arrequentándose coa participación de todos os colaboradores. Desde 2014 a base de datos do Tesouro é accesible de maneira libre e gratuíta.

Datos xerais

Forma de cita

Copiar
Álvarez, Rosario (coord.): Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.es/Tesouro> [Consultado: <data>]

© 2024 Instituto da Lingua Galega - USC
ISSN 2659-3173