Novidades

  • 05/11/26 !

    IV Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

    A cuarta edición desta actividade, que terá lugar o 5 de novembro de 2026 na Facultade de Filoloxía da USC, continúa a ter como propósito promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Este evento é organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 2 de novembro.

  • 30/10/26 !

    Dolores Vilavedra edita o epistolario inédito de Alejandra Murguía para rescatar a súa figura e o legado de Rosalía

    A Cátedra Rosalía de Castro da USC acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a vida e a obra de Rosalía. Este volume, editado pola investigadora do ILG Dolores Vilavedra e prologado por Xesús Alonso Montero, pódese descargar de balde na Libraría Dixital da USC.

  • 29/10/26 !

    Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de vinculación ao ILG

    Acaba de facerse pública na Sede Electrónica da USC a relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ao chamamento para a vinculación de novo persoal ao ILG. As persoas aspirantes disporán dun prazo de tres días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das listaxes, para emendar os erros ou as omisións.