Biblioteca
A biblioteca do ILG é unha biblioteca de investigación especializada en lingüística, fundamentalmente en lingüística galega, e conta tamén cun importante fondo de literatura galega, antropoloxía e historia. O catálogo da biblioteca está integrado no catálogo da BUSC (Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela) e dispón neste momento de máis de 13.000 rexistros.
Servizos
- Consulta na sala
- Información e referencia: as consultas aténdense na propia biblioteca, por teléfono, correo postal e correo electrónico
- Préstamo (só para persoal do centro)
Horario
De luns a venres (09:30 a 14:30); pechada en agosto
Situación
Instituto da Lingua Galega
Praza da Universidade 4
15782 Santiago de Compostela
Contacto
Florentina Xoubanova Montero
Para todo tipo de consultas relacionadas cos fondos e co acceso: ilg.biblioteca@usc.gal
Teléfono: +34 881 812 813