Actividades

Actividades futuras

  • 29/11/25

    Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario, centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado. O prazo de inscrición xa se encontra aberto.

  • 28/11/25

    O 28 de novembro levarase a cabo no ILG esta xornada formativa que consta de dúas sesións impartidas por Víctor Bargiela Zotes (UNED) e Luís Jesus (ESSUA, IEETA, LASI, CLLC, Universidade de Aveiro, Portugal). O prazo de inscrición finaliza o 24 de novembro.

  • 18/11/25

    Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.

Histórico de actividades

  • 11/11/25
    O vindeiro martes 11 de novembro, ás 11:30 h, vai ter lugar no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”, impartido por
  • 03/11/25

    O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume. 

  • 23/10/25

    Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.

  • 07/10/25

    O 7 e 8 de outubro tivo lugar na sala de divulgación do noso centro o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez.

  • 07/10/25

    martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana, quen nos falará do proxecto que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG.

Páxinas