O 12 de decembro, ás 12 h, terá lugar na Facultade de Psicoloxía (sala de xuntas), a V edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, que contará cos relatorios de Lucía Vieitez (IPsiUS) e Francisco Dubert (ILG).
Actividades
Histórico de actividades
-
12/12/25
-
29/11/25
Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario, centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado. O prazo de inscrición xa se encontra aberto.
-
28/11/25
O 28 de novembro levarase a cabo no ILG esta xornada formativa que consta de dúas sesións impartidas por Víctor Bargiela Zotes (UNED) e Luís Jesus (ESSUA, IEETA, LASI, CLLC, Universidade de Aveiro, Portugal). O prazo de inscrición finaliza o 24 de novembro.
-
18/11/25
Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
-
11/11/25O vindeiro martes 11 de novembro, ás 11:30 h, vai ter lugar no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”, impartido por





