Actividades

Histórico de actividades

  • 25/03/26

    O 25 de marzo tivo lugar o III Faladoiro con Laura Lesta García, do Middlebury College (Vermont, EE.UU.), organizado pola Comisión de Xénero e Igualdade do Instituto da Lingua Galega. Lesta investiga sobre o humor e a súa relación coa historia e os procesos de formación nacional e identitaria na Península Ibérica, especialmente en Galicia.

  • 03/03/26

    O ILG acollerá o vindeiro 3 de marzo, ás 11:00 horas, a conferencia “O contacto entre galego e castelán en Uruguai. Análises sobre o corpus PRESEEA de Montevideo”, impartida por Carsten Sinner, catedrático de Lingüística e Translatoloxía das Linguas Iberrománicas na Universidade de Leipzig e director do Centro de Estudos Galegos desta institución.

  • 26/02/26

    O ILG acollerá o xoves 26 de febreiro, ás 11:00 h, un novo encontro de Visita e café co profesor Carlos Cernadas Carrera, da Universidade Federal do Pará (UFPA). Esta iniciativa está pensada para que os investigadores e investigadoras visitantes compartan co persoal do centro as súas liñas de investigación e fortalecer deste xeito as redes persoais e académicas.

  • 21/01/26

    Josep Ausensi, da Universitat Rovira i Virgili, impartirá o 21 de xaneiro o seminario en liña Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso. Ausensi ofrecerá unha guía clara e práctica sobre o proceso de publicación académica no ámbito da lingüística.

  • 19/01/26

    O Ateneo de Santiago acolle a conferencia de Francisco Fernández Rei “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” o luns 19, ás 19:30 h, na sede da institución. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Páginas