O curso QGIS para lingüistas, impartido por Xulio Sousa, está dirixido a estudantes, persoas graduadas e investigadoras interesadas no manexo de programas de visualización cartográfica de datos lingüísticos.
Actividades
Histórico de actividades
-
20/04/22
-
25/03/22
O Instituto da Lingua Galega organiza o seminario Violencia simbólica e represión sobre o libro O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, que terá lugar o vindeiro venres 25 de marzo, ás 12:30 horas, no salón de graos da Facultade de Filoloxía.
-
23/11/21O vindeiro martes 23, ás 11:30 h, a investigadora visitante Maria Rilda Alves da Silva Martins, da Universidade Federal do Pará, ofrecerá na sala de conferencias do instituto a charla Variação de nós e a gente nas capitais brasileiras: Estudo a partir do Corpus do Atlas Linguístico do Brasil.
-
25/10/21
A profesora da Universidade de Liverpool Nicola Bermingham, investigadora visitante no noso Instituto, ofrecerá a conferencia "Intersecting Language Ideologies: insights from the periphery" o xoves 28, ás 13:00 h, na sala de conferencias.
Resumo*:
-
18/10/21
A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971.