A Xunta Directiva de Axuntar (Asociación prá Normalización del Galego de Asturias) fixo pública a concesión dos IV Premios Folgueira 2026. Este ano, o noso compañeiro Francisco Fernández Rei compartirá o galardón co investigador, e responsable da Editorial Canela, Pablo Quintana López. O acto de entrega dos galardóns terá lugar o 10 de outubro de 2026, ás 16:30 horas, na biblioteca de Vilanova de Ozcos.
Novedades
-
Destacado
Francisco Fernández Rei, galardoado co Premio Folgueira 2026
10/10/26 -
Destacado
Ana Boullón e Luz Méndez coordinan unha nova edición da 'Xornada de Onomástica Galega'
10/10/26A XI Xornada de Onomástica Galega, coordinada polos membros do ILG Ana Boullón e Luz Méndez e organizada pola RAG, abordará o impacto que a acción humana e a transformación do territorio teñen sobre os nomes de lugar. O encontro terá lugar o sábado 10 de outubro no salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a partir das 10:00 horas. -
Destacado
María Pérez Lago gaña o Premio Ícarus 2026 polo seu traballo en tecnoloxías da fala para o galego
08/10/26A investigadora do ILG e integrante do Proxecto Nós María Pérez Lago foi galardoada co primeiro Premio Ícarus 2026 na área de Artes e Humanidades. O recoñecemento foille concedido polo seu Traballo Fin de Mestrado (TFM) titulado Avaliación de tecnoloxías de síntese de voz: un estudo de dous modelos TTS para a lingua galega, unha investigación realizada baixo a dirección do investigador do noso centro Xosé Luís Regueira.
-
Destacado
O investigador do ILG Xulio Sousa analiza o contacto léxico no noroeste ibérico no V SIALNI
08/10/26O investigador do ILG Xulio Sousa participará no V Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos del Noroeste Ibérico (SIALNI5) co relatorio "Contacto y continuidad léxica en el noroeste ibérico: el dominio gallego y asturleonés a través del ALPI". O encontro académico desenvolverase os días 8 e 9 de outubro de 2026 na Universidade de León.
-
Destacado
Ernesto González Seoane ingresa na RAG cunha viaxe pola historia e o futuro dos dicionarios
06/10/26O investigador do ILG Ernesto González Seoane ingresou como membro de número na Real Academia Galega nun acto que tivo lugar no Paraninfo da USC o pasado sábado 3 de outubro. O seu discurso ofreceu un completo percorrido pola historia da lexicografía e unha ambiciosa folla de ruta para a dicionarística galega.
-
Destacado
Antón Santamarina recibe o IX Premio Luís Porteiro Garea da USC
16/09/26Antón Santamarina recolleu o IX Premio Luís Porteiro Garea nun emotivo acto que tivo lugar este mércores no Paraninfo da USC. O investigador do ILG Xosé Luís Regueira, discípulo de Santamarina e compañeiro de despacho desde hai 30 anos, foi o encargado de ler a laudatio.
-
Destacado
Investigadores do ILG participan nun volume sobre a diverxencia diacrónica nas linguas iberoccidentais
02/09/26A prestixiosa editorial De Gruyter acaba de publicar o volume colectivo Diachronic divergences in West Iberian languages, que conta coa participación dos membros do ILG Carme Silva, Francisco Dubert e Xulio Sousa, autores de tres dos capítulos do volume no ámbito do galego e da súa evolución diacrónica.
-
Destacado
A revista ELG publica novos artigos no seu último número
01/09/26A revista científica de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG), editada polo Instituto da Lingua Galega da USC, reúne nestes momentos no seu número en curso un conxunto de oito estudos multidisciplinares en linguas románicas.
-
O ILG coorganiza en Aveiro o 'V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas'
01/02/27O ILG participa como entidade coorganizadora do V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas xunto ao Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro (UA), institución impulsora do evento. O congreso terá lugar do 23 ao 25 de xuño de 2027 na UA e o prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 1 de febreiro de 2027.
-
IV Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
05/11/26A cuarta edición desta actividade, que terá lugar o 5 de novembro de 2026 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, continúa a ter como propósito promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Este evento é organizado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.





