A revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) renova o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), un recoñecemento que avala a excelencia editorial e científica das revistas académicas españolas.
News
-
Destacado
A revista ELG renova o selo de calidade FECYT
01/27/26 -
Destacado
Investigadoras do ILG participan na 'III Xornada Con-Ciencia' cos centros de secundaria
01/22/26As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja, Marta Negro Romero e Reyes Rodríguez Rodríguez participaron o 22 de xaneiro na Facultade de Filoloxía na III Xornada Experiencias Con-Ciencia, que ten por obxectivo fomentar o interese na ciencia e na investigación desenvolvida na Facultade de Filoloxía entre os estudantes de 4.º da ESO e 1.º de bacharelato dos centros de ensino secundario.
-
Destacado
Visita ao ILG da alumna galego-bretoa Lena Testa
01/12/26A alumna galego-bretoa Lena Testa Flaux, estudante da ESO, visitou o ILG durante varios días no mes de xaneiro como parte da súa formación académica.
-
Destacado
Ramón Mariño e Damián Suárez editan o arquivo dixital 'Papés d’e emprenta condenada'
12/12/25O Consello da Cultura Galega (CCG) pon á disposición do público a ferramenta Papés d’e emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846, a cal permite explorar e analizar a produción escrita en lingua galega durante un período clave da súa historia. Ramón Mariño Paz, investigador do ILG, e Damián Suárez Vázquez son os editores deste arquivo dixital.
-
Destacado
O ILG impulsa un novo espazo anual de encontro coa celebración de ECOS
12/04/25O ILG celebrou o pasado mes de decembro no Paraninfo da Universidade a primeira edición de ECOS: Coñecemento que resoa, iniciativa que nace coa vocación de converterse nun encontro anual de referencia. A xornada concibiuse como un espazo de diálogo e posta en común no que se compartiron os principais resultados do traballo desenvolvido ao longo de 2025, ao tempo que se reforzaron os lazos entre as persoas que integran o ILG e se abriron vías de reflexión sobre os retos e liñas estratéxicas de futuro.
-
Seminario de Eva Moreda sobre paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX
02/12/26O grupo FILGA da Universidade de Santiago de Compostela organiza o seminario Paisaxes históricas sonoras na Galicia do XIX: entre música, Estudos sonoros e literatura, impartido por Eva Moreda Rodríguez, da University of Glasgow. O evento vai ter lugar o xoves 12 de febreiro, ás 13 h, na sala B15 da Facultade de Filoloxía da USC.
-
Aberto o prazo para matricularse no mestrado EMLex ata o 2 de febreiro
02/02/26O período para matricularse e solicitar unha das 20 bolsas para o Mestrado Europeo de Lexicografía (EMLex) encóntrase aberto ata o 2 de febreiro. O EMLex é un mestrado de carácter interuniversitario coordinado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega María José Domínguez Vázquez. O ILG é un dos centros en que o alumnado participante pode realizar as súas prácticas.
-
Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso
01/21/26Josep Ausensi, da Universitat Rovira i Virgili, impartirá o 21 de xaneiro o seminario en liña Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso. Ausensi ofrecerá unha guía clara e práctica sobre o proceso de publicación académica no ámbito da lingüística.
-
Conferencia de Francisco Fernández Rei sobre o ALGa no Ateneo de Santiago
01/19/26O Ateneo de Santiago acolle a conferencia de Francisco Fernández Rei “O Atlas Lingüístico Galego, 50 anos despois” o luns 19, ás 19:30 h, na sede da institución. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
-
O galego sitúase na vangarda das tecnoloxías intelixentes a través do Proxecto Nós-ILENIA
12/18/25Conseguiuse que a lingua galega sexa hoxe a décima do mundo con maior número de horas recollidas na plataforma pública Common Voice, ao multiplicar por 20 a súa presenza, posto que se pasou de 18 a 367 horas de rexistros de voz dispoñibles.




