Xa está dispoñible para a a súa consulta o primeiro artigo, da autoría de Ana María Iglesias Álvarez e Virginia Acuña Ferreira, do número 14 da revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG).
News
-
Destacado
Primeiro artigo do novo número de "Estudos de Lingüística galega"
03/23/22 -
Xornadas "Legados dende a dislocación. Intervencións no presente e imaxinación do futuro nos exilios da Guerra Civil"
06/16/22Pablo García Martínez, investigador do ILG, coordina as xornadas "Legados dende a dislocación. Intervencións no presente e imaxinación do futuro nos exilios da Guerra Civil" que terán lugar na illa de San Simón o 16 e 17 de xuño.
-
Xornada de presentación do Proxecto Nós
05/24/22Onte tivo lugar no edificio Fontán da Cidade da Cultura a xornada de presentación do Proxecto Nós: o galego na sociedade e economía da intelixencia artificial.
-
Conferencia de Clara Lago Caamaño
05/19/22Clara Lago Caamaño, investigadora predoutoral do ILG, ofrecerá a conferencia "Alimentación e cambio no léxico dispoñible do galego" o día 19 de maio, ás 12:30 horas, na sala de conferencias do Instituto.
-
Seminarios do profesor da UNAM Gerardo Sierra Martínez
05/18/22O profesor Gerardo Sierra Martínez da Universidad Nacional Autónoma de México impartirá tres seminarios, os días 18 e 20 de maio, na sala B13 da Facultade de Filoloxía.
-
Obradoiro sobre FOLERPA na USAL
05/13/22Alba Aguete Cajiao, colaboradora do ILG, impartirá o obradorio "Cómo diseñar experimentos de percepción con FOLERPA" na segunda edición de Fonética Open Days.
-
Visita de alumnado do CPI dos Dices
05/12/22No día de onte visitaron o ILG os rapaces e rapazas de 1.º e 2.º da ESO do CPI dos Dices, de Rois. Tiveron a oportunidade de coñecer a historia do centro e algúns dos proxectos que nel se desenvolven.
-
Pedro García Louzao recibe unha Bolsa de iniciación á investigación para alumnos de máster
05/03/22Pedro García Louzao é un dos beneficiarios das Bolsas de iniciación á investigación para alumnos de máster (curso 2021-2022) da USC. O investigador do ILG vai desenvolver o seu traballo "Variación e mudanza na morfoloxía dos pronomes átonos acusativos de terceira persoa na lingua galega" baixo a dirección de Francisco Dubert García.
-
Álex Alonso Nogueira participa nun encontro investigador na UDC
04/27/22Álex Alonso Nogueira participa no encontro investigador Teatro galego e resistencia cultural 1936-1973, que vai ter lugar o 29 de abril na sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. A conferencia do investigador do ILG leva por título "Proceso a Castelao de López Veiga: teatro, censura e imaxinación política".
Programa
-
Curso de QGIS para lingüistas
04/20/22O curso QGIS para lingüistas, impartido por Xulio Sousa, está dirixido a estudantes, persoas graduadas e investigadoras interesadas no manexo de programas de visualización cartográfica de datos lingüísticos.