O investigador visitante no ILG Luke Bishop, da University of Texas, ofrecerá a conferencia "Na miña variedade, sen dúbida": identidades diversas dos neofalantes na provincia de Ourense o xoves 30 de maio, ás 13 h, na nosa sala de divulgación.
News
-
Conferencia de Luke Bishop no ILG
05/30/24 -
Visita do alumando do IES Sánchez Cantón de Pontevedra
05/30/24O pasado 21 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumando de 2.º da ESO do IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Tras unha breve explicación da historia do noso centro, tiveron a oportunidade de coñecer como se leva a cabo a investigación en dous proxectos que están a desenvolverse nestes momentos: o Atlas Lingüístico Galego e o Proxecto Nós.
-
Membros do ILG organizan tres cursos da Universidade de Verán da USC
05/22/24Desde o 15 de maio encóntrase aberto o prazo para inscribirse nos cursos ofertados pola Escola de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), entre os que se encontran tres dirixidos por membros do ILG.
-
Visita de alumnado do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives
05/22/24O 16 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 1.º de BAC do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, que realizou unha xincana que lles permitiu coñecer distintos proxectos do noso centro. Ademais, puideron conversar con Antón Santamarina.
-
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
05/15/24Telmo Móia publica un novo artigo na revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. O quantificador ambos como foco de variação no português contemporâneo é o artigo co que o profesor da Universidade de Lisboa inaugura o número 16 desta revista de publicación continua.
-
II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas
05/13/24Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".
-
I Xeira CLARIAH-GAL
05/02/24CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
-
Conferencia de Víctor Bargiela no ILG
04/30/24O investigador visitante no ILG Víctor Bargiela Zotes, da UNED, ofreceu o 30 de abril a conferencia Primeiras aproximacións ao estudo sociofonético da entoación nas Rías Baixas e na Costa da Morte na nosa sala de divulgación.
-
Xornada sobre tecnoloxías da linguaxe e visita ao ILG
04/26/24A directora do ILG, Elisa Fernández Rei, xunto a Senén Barro Ameneiro do CiTIUS, ofrecerá unha conferencia o venres 26 na xornada The Impact of Language Technologies on the Economy & Society, organizada pola Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) e a Xunta de Galicia. Dous días antes, o mércores 24 pola mañá, visitarán o ILG algúns membros da Oficina da Lingua Galesa, unha das entidades integrantes da rede NPLD.
-
Henrique Monteagudo presenta dous novos libros
04/24/24O mércores 24 de abril terá lugar no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, ás 13 h, a presentación de A estandarización das linguas da Península Ibérica: procesos, problemas e novos horizontes, editado por Henrique Monteagudo na colección Ensaio & Investigación do Consello da Cultura Galega. Ese mesmo día, ás 19:30 h, Monteagudo presentará na libraría Couceiro o volume Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na lingua e a cultura galega, editado por Galaxia.