A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.
News
-
Obradoiro "Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico"
04/12/24 -
Premio no PROPOR 2024
04/08/24Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal, membros do Proxecto Nós, recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".
-
Presentación de FONTEGAM e da nova versión de CODOLGA
04/08/24Hoxe tivo lugar no Pazo de San Roque a presentación de FONTEGAM (Fontes Textuais da Galicia Medieval) e da versión 20 do CODOLGA (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae). No acto estiveron presentes a directora do ILG, Elisa Fernández Rei; os investigadores do Instituto José Carracedo Fraga e Xavier Varela Barreiro; o secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín Gómez, e Pilar Lorenzo, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH).
-
Aberto o prazo de preinscrición dos XXXIV Cursos de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras"
04/05/24Os XXXIV Cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia volverán reunir do 3 ao 29 de xullo en Santiago de Compostela estudantes de todo o mundo.
-
Parlamint finalista dos premios Digital Humanities Awards
03/30/24 -
Validatón no ILG
03/21/24O 19 de marzo tivo lugar no ILG o Validatón -maratón de validación de fragmentos de voz- no que 30 estudantes da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela revisaron un total de 23.314 fragmentos de voz en lingua galega na plataforma Common Voice. O gañador do maratón foi Nicolás Acebedo Torrego, que recibiu un premio de 100 euros tras validar 1.299 fragmentos.
-
Validatón
03/19/24O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.
-
I Faladoiro con Carme Ríos Panisse
03/09/24O Día Internacional da Muller a Comisión de Xénero e Igualdade do ILG inaugurou o Ciclo de conversas coas mulleres do ILG cun faladoiro con Carme Ríos Panisse, unha das primeiras investigadoras do centro.
-
Miguel García Fernández e Ricardo Pichel editan unha obra sobre San Paio de Antealtares
03/04/24Os colaboradores do ILG Miguel García-Fernández e Ricardo Pichel son os editores da obra Desde San Paio de Antealtares. Historia, patrimonio e vida monástica, coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
-
Membros do ILG na reunión de ILENIA
02/24/24Os membros do Instituto da Lingua Galega Francisco Dubert, Elisa Fernández Rei e Carmen Magariños, xunto a investigadores do CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela, representaron o Proxecto Nós na reunión organizada polo proxecto ILENIA o 22 e 23 de febreiro no campus de Gipuzkoa da Universidade do País Vasco.