Acaba de saír do prelo o volume Opera II: Ars grammatica, editado polo investigador do ILG Xosé Carracedo na editorial Brepols.
Novedades
-
Xosé Carracedo edita o volume 'Opera II: Ars grammatica', do bispo Xulián de Toledo
19/02/25 -
Guía de apelidos galegos
18/02/25Xa está dispoñible a Guía de apelidos galegos, coordinada pola investigadora do ILG Ana Boullón e na que tamén traballaron os membros colaboradores do noso centro Gonzalo Navaza, Luz Méndez e Antón Palacio. O buscador conta con máis de 6.000 nomes de familia que abranguen aproximadamente o 95% da poboación galega.
-
'Os outros nomes'. Estudos de Onomástica Galega IX
18/02/25Pódese consultar en liña o libro Os outros nomes, coordinado por Ana Boullón e Luz Méndez e editado pola Real Academia Galega. O volume recolle as achegas da IX Xornada de Onomástica Galega que tivo lugar o pasado outubro no Museo de Pontevedra.
-
Presentación do libro de Reyes Rodríguez sobre a realidade sociolingüística da Limia Baixa
01/02/25A investigadora do ILG Reyes Rodríguez presenta este sábado 1 de febreiro o seu libro A Limia Baixa. Onde o mundo se chama en galego. O acto terá lugar, ás 17 h, no salón de plenos do Concello de Entrimo e a autora estará acompañada do profesor da Universidade de Vigo Alexandre Rodríguez Guerra.
-
"Visita e café" con Henrique Rodrigues Leroy
30/01/25O xoves 30 de xaneiro tivo lugar un novo encontro de “Visita e café” con Henrique Rodrigues Leroy, da Universidade Federal de Minas Gerais.
-
Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo publican un libro sobre a Crónica de Santa María de Iria
22/01/25Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo son os autores do libro De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, publicado pola editorial Sílex.
-
Speakers and language standards in Flanders, Norway and Southafrica: ongoing processes and new lines of research
14/01/25O Instituto da Lingua Galega e o proxecto EstandaRev, que se dedica ao estudo comparado dos fundamentos valorativos e ideolóxicos da estandarización de español, catalán, galego e éuscaro en España, organizan este coloquio sobre as e os falantes perante os estándares lingüísticos en Flandres, Noruega e Suráfrica.
-
Visita e café con Thayane Gaspar Jorge
09/01/25O xoves 9 de xaneiro, ás 12 h, terá lugar na sala de descanso do noso centro un novo encontro de "Visita e café" con Thayane Gaspar Jorge, da Universidade Federal do Rio de Janeiro.
-
Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA
17/12/24O ILG e o CiTIUS da USC ofertan catro prazas con perfil de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto.
-
LingüisticaMente IV. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
13/12/24O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.