Resolución definitiva da asignación de axudas para estadías no ILG
Acaba de facerse a pública a resolución definitiva de asignación de dúas axudas para a realización de estadías de investigación no Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. As dúas persoas seleccionadas son Leticia-Tian Zhang, da Beijing Foreign Studies University, e Manuel Delicado Cantero, da Australian National University.
A comisión de selección, integrada polos membros do Instituto María Álvarez de la Granja, Francisco Dubert García, Elisa Fernández Rei, que exerceu como presidenta, Xosé Luís Regueira Fernández e Florentina Xoubanova Montero, avaliou as solicitudes de 14 investigadores e investigadoras de universidades de Alemaña, Australia, Brasil, Cuba, China, India e Portugal.





