Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés

Data: 
Miércoles, Mayo 20, 2026 - 12:45
Imaxe: 

A investigadora do Instituto da Lingua Galega Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss, revista de lingüística teórica e experimental, da Universitat Autònoma de Barcelona, cuxo obxecto de investigación son as variedades románicas.

Esta investigación presenta unha análise fonética instrumental dos contornos de entoación en diferentes tipos de frases en dúas variedades de mirandés (central e fronteiriza). Os resultados revelan estratexias prosódicas tanto converxentes coma diverxentes entre as variedades, con contornos nucleares específicos empregados para distinguir os tipos de foco, as modalidades de pregunta e os significados pragmáticos. O mirandés aliñase cos patróns entoacionais romances máis amplos, pero tamén exhibe configuracións únicas influenciadas polo contacto lingüístico e a variación interna. Estes achados contribúen á tipoloxía da entoación romance e subliñan a importancia de documentar os sistemas lingüísticos en perigo de extinción.