O ILG e o CiTIUS da USC ofertan catro prazas con perfil de enxeñaría (informática, telecomunicacións...) e outras áreas STEM para traballar dentro do Proxecto Nós no desenvolvemento de modelos de lingua de voz e texto.
Novedades
-
Oferta de contratos para o desenvolvemento de modelos de lingua e IA
17/12/24 -
LingüisticaMente IV. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística
13/12/24O 13 de decembro terá lugar no ILG unha nova edición de LingüisticaMente. Diálogos entre a lingüística, a psicoloxía e a psicolingüística, xornada organizada polo noso centro, o Instituto de Psicoloxía e o Grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC. Tamén existirá a posibilidade de seguir a emisión en directo a través da nosa canle de Youtube.
-
O BNG visita o Instituto da Lingua Galega
10/12/24Hoxe recibimos no Instituto da Lingua Galega unha delegación do BNG integrada por Ana Pontón, voceira do partido, a deputada Mercedes Queixas Zas e o deputado Daniel Castro García, que solicitaron manter unha reunión coa dirección do centro.
-
Defensa da tese de doutoramento de Clara Lago Caamaño
02/12/24Clara Lago Caamaño defendeu o 2 de decembro a tese de doutoramento Cambio lingüístico en tempo real no léxico dispoñible do galego: a alimentación, dirixida polo investigador do noso centro Xulio Sousa. O traballo de investigación foi cualificado con sobresaliente cum laude.
-
Novo artigo en ELG sobre actitudes lingüísticas
27/11/24Ana María Iglesias Álvarez, da Universidade de Vigo, Pedro Álvarez Mosquera, da Universidad de Salamanca e da University of South Africa, e Alejandro Marín Gutiérrez, da Universidad del Atlántico Medio, asinan o artigo "Explorando actitudes lingüísticas implícitas e explícitas: o caso galego" no n.º 16 da revista Estudos de Lingüística Galega.
-
Simposio ILG 2024. Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos
27/11/24O 27 e 28 de novembro vai ter lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do ILG, que conta de novo coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Nesta ocasión céntrase en novas liñas de investigación no campo dos estudos da cultura impresa.
-
III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
08/11/24Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:
-
Aberto o prazo de inscrición para a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
06/11/24Ata o 6 de novembro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
-
Obradoiro de Eva M.ª Domínguez Noya na Universidad de La Rioja
26/10/24A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya impartiu o 21 de outubro na Universidad de La Rioja un obradoiro dentro do seminario Los corpus lingüísticos: creación, aplicación y explotación.
-
Conferencia de Carme Silva na Universiteit Leiden
23/10/24A investigadora do ILG Carme Silva ofreceu o día 22 a conferencia "Políticas de retorno diaspórico desde Latinoamérica a Galicia (España): la eterna contradicción entre la sangre y la lengua" na Universiteit Leiden.