Seminario de formación. Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso
Data inicio:
Miércoles, Enero 21, 2026 - 12:00
Data fin:
Miércoles, Enero 21, 2026 - 13:00
Lugar:
En liña por Teams
Poster:

Descrición:
O seminario de formación en liña Las publicaciones académicas en lingüística: una introducción paso a paso ofrecerá unha guía clara e práctica sobre o proceso de publicación académica no ámbito da lingüística. A sesión será impartida por Josep Ausensi, profesor axudante doutor no Departamento de Estudos Ingleses e Alemáns da Universitat Rovira i Virgili.
Ao longo do seminario presentarase unha panorámica dos distintos tipos de revistas e das principais bases de datos de referencia, así como dos índices e métricas máis empregados na avaliación da investigación. Abordaranse tamén criterios e estratexias para escoller a revista máis axeitada, tendo en conta o encadre temático do traballo, os obxectivos profesionais e os requisitos das axencias de avaliación.
Así mesmo, describiranse as distintas fases do proceso editorial, desde a preparación do manuscrito ata a revisión por pares, incluíndo recomendacións para responder os informes dos revisores e para xestionar rexeitamentos e reenvíos. Finalmente, reflexionarase sobre o debate actual entre calidade e cantidade na avaliación da investigación, con especial atención a iniciativas como CoARA e á crecente importancia das avaliacións narrativas, ofrecendo orientacións prácticas para o desenvolvemento dunha carreira investigadora en lingüística.
Enlaces:





