Exposición sobre helenismos en galego

Data inicio: 
martes, Abril 21, 2026 - 12:00
Poster: 
Descrición: 

O 21 de abril presentaranse, ás 12 horas, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela unha serie de proxectos colaborativos e a seguir inaugurarase unha exposición con todos eles. Entres estes proxectos encóntrase Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego, coordinado pola investigadora do Instituto da Lingua Galega Teresa Amado, que ten como obxectivo a análise das etimoloxías gregas do léxico galego.

Na investigación realizada analizáronse 21 palabras, sendo algunhas helenismos moi evidentes, pero outras non tanto, chegadas á nosa lingua en diferentes épocas e por distintas vías. Incluso se atopan neoloxismos creados pola necesidade de dar nome a novas realidades. Na exposición cada un destes termos recolle a definición do dicionario da Real Academia Galega, a súa etimoloxía, unha explicación sobre a súa orixe ou significado, un texto ilustrativo antigo ou moderno e unha imaxe.

Neste proxecto colaborativo participou alumnado da Facultade de Filoloxía e de linguas clásicas dos IES Otero Pedrayo de Ourense, San Mamede de Maceda, Melide, Terra de Soneira de Vimianzo e A Paralaia de Moaña.