collate
transitive verb
cotexar
EN Indeed, certain of the most authentic historians of those parts, who have been careful in collecting and collating the floating facts concerning this spectre, allege that the body of the trooper, having been buried in the church-yard, the ghost rides forth to the scene of battle in nightly quest of his head; and that the rushing speed with which he sometimes passes along the Hollow, like a midnight blast, is owing to his being belated, and in a hurry to get back to the church-yard before daybreak.
GL Pero as súas aparicións non se limitan unicamente ó val, senón que ás veces tamén se producen nos camiños máis próximos e, en especial, nunha igrexa non moi afastada. De feito, algúns dos historiadores máis fiables do lugar, que puxeron moito coidado en compilar e cotexa-las diferentes versións referentes a este espectro, aseguran que, despois de que o corpo do soldado se enterrase no adro da igrexa, a fantasma volve tódalas noites a cabalo ó lugar da batalla na procura da súa cabeza, e que a enorme velocidade á que atravesa ás veces o val, coma se fose un lóstrego, débese a que leva moita présa, xa que ten que regresar ó cemiterio antes do amencer.
Fonte: LEN (19)
confrontar
EN These, whether public or private, are surely the very worst modes of acquiring any sort of accurate knowledge; and are just as much inferior to a good book on the same subject, as that book hastily readaloud, and then immediately withdrawn, would be inferior to the same book left in your possession, and open at any hour to be consulted, retraced, collated and in the fullest sense studied.
GL Estas, xa sexan públicas ou privadas, son de seguro o peor de tódolos modos de adquirir calquera xeito de coñecemento cumprido; e son tan inferiores a un bo libro sobre o mesmo asunto como ese mesmo libro lido rapidamente en voz alta e despois retirado inmediatamente sería inferior ó mesmo libro deixado na súa posesión e aberto a calquera hora para ser consultado, percorrido de novo, confrontado e, no sentido máis pleno, estudiado.
Fonte: LET (20)
|