Lugar de edición:
Número de páxinas:
-
Prezo:
-
Non ten publicidade
Non ten imaxes
Orixe:
Fondo 'Unha gran burla negra' / Repositorio Minerva (USC)
Lugar de conservación:
Santiago de Compostela
Unha gran burla negra. Creatividade popular e memoria do Prestige [2002-2018] é un proxecto expositivo, arquivístico e memorial que se inaugura o 23 de novembro de 2018 e promove un ciclo de eventos ao longo do ano seguinte, organizados ao redor dunha exposición itinerante, acompañada de obradoiros pedagóxicos e actos académicos, e potenciada por un arquivo dixital, un documental e un catálogo en liña.
O seu propósito é abrir unha reflexión cidadá dezaseis anos despois do desastre do Prestige e das mobilizacións populares que se derivaron, a partir do inventario, estudo e exposición do seu arquivo cultural, cunha morea de pezas artísticas, poemas, imaxes, músicas, textos e intervencións, anónimas ou non, que desbordaron rúas e medios naqueles meses e que o colectivo "Burla Negra" soubo representar e promover dun xeito viral, en conexión con formas de protesta populares, anónimas ou activistas.
Pablo García Martínez