Periodo temporal:
Os autores clásicos de Grecia e Roma foron modelo de estilo e fonte de inspiración para a literatura galega desde o Rexurdimento ata a actualidade. As primeiras gramáticas incluían traducións de Fedro e de Horacio a falta de textos literarios na propia lingua e a imitación e emulación dos poetas antigos é unha constante desde Pondal ata os contemporáneos. Este proxecto comeza coa base de datos que inclúe todas as traducións de textos dos autores de Grecia e Roma, desde a primeira, as once fábulas de Fedro incluídas no apéndice da gramática de Francisco Mirás de 1864. Unha segunda base de datos contén a bibliografía sobre as traducións e unha terceira os estudos sobre a pegada dos autores clásicos na literatura galega.
María Teresa Amado Rodríguez