Simposio Metodoloxía para o estudo perceptivo da variación prosódica dialectal
Estas xornadas agrupan unha serie de actividades diferentes, encamiñadas a fornecer unha visión multidisciplinar dos estudos de dialectoloxía perceptiva. Os obxectivos son:
• Discutir aspectos metodolóxicos relativos á análise perceptiva en xeral e á confección dos tests perceptivos en particular.
• Estudar vías para o confrontamento e o estudo conxunto dos resultados obtidos a partir das análises cuantitativas e das investigacións perceptivas que se están desenvolvendo na actualidade no campo da dialectoloxía.
• Debater métodos para a análise dos datos obtidos nos traballos perceptivos, así como examinar as posibilidades que nos ofrecen outras disciplinas para a visualización dos resultados.
• Situar os estudos perceptivos existentes no ámbito da prosodia dialectal nunha perspectiva máis ampla e abranxente, de xeito que poidamos propoñer novas liñas de investigación que contribúan ao avance da dialectoloxía perceptiva.
• Propoñer o desenvolvemento de ferramentas e aplicacións que faciliten a investigación no ámbito da dialectoloxía perceptiva.
Actividades:
1. Simposio Estudos perceptivos e prosodia dialectal: metodoloxía, análise e vías de desenvolvemento2. Seminarios
1) Análises cuantitativas dos datos prosódicos 2) Estudos perceptivos de variación prosódica3. Cursos de formación4. Taller Recursos para o estudo perceptivo da variación dialectal