Experimento perceptivo

Data: 
Martes, Junio 20, 2017 - 19:30

A investigadora predoutoral do ILG Alba Aguete Cajiao precisa a colaboración de falantes galegos de entre 18 e 35 anos para participar nun experimento perceptivo en liña.

O experimento consiste na realización de tres tests complementarios, que duran aproximadamente dez minutos cada un. É moi importante realizar os tres e facelo na orde sinalada. Hai pausas sinaladas dentro de cada un deles, de modo que poderás descansar se o precisas (por favor, non fagas pausas se non se indica).

Unha vez que premas no primeiro enlace aparecerá unha pantalla de acceso ao test, pero é preciso rexistrarse (no botón azul que aparece na parte de abaixo da pantalla). Rexistrarse leva menos dun minuto (podes usar un pseudónimo se o prefires). Os datos só van ser utilizados nesta investigación e en ningún caso van facerse públicos. 

Despois de rexistrarte poderás acceder ao primeiro test, entrando na plataforma co teu usuario e contrasinal. Cando remates deberás clicar no seguinte enlace para completar o segundo test, e deberás repetir esta operación para realizar o terceiro. 

A investigadora en particular e o ILG en xeral agradecémosche a túa colaboración neste proxecto. O tempo que invistas na realización deste experimento será de grande axuda para a nosa investigación. 

Para comezar preme nas ligazóns que se mostran debaixo (é preciso acceder desde Google Chrome).