I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística

Data: 
Viernes, Noviembre 9, 2018 - 23:15
Imaxe: 

O vindeiro venres, 9 de novembro, terán lugar no Departamento de Línguas e Culturas da Universidade de Aveiro as I Jornadas em Variação e Cartografia Linguística.

Neste encontro participarán os profesores Francisco Dubert e Xulio Sousa, especialistas en xeografía lingüística e variación lingüística.

O profesor Francisco Dubert impartirá unha conferencia titulada "Liberarse das fronteiras. O contínuum xeolingüístico do noroeste ibérico".

O profesor Xulio Sousa impartirá un seminario sobre "A representación cartográfica da variación lingüística como método de investigación". Xulio Sousa forma parte do comité organizador deste congreso.