Isabel Molina e Leonardo Marcotulio na "II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico"

Data: 
Lunes, Octubre 9, 2023 - 10:00

Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade de Aveiro, son os conferenciantes convidados na II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que terá lugar o 9 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. A profesora Martos falará sobre "Procesos de variación y cambio en Madrid: el papel de las identidades en la formación de regiolectos" e o profesor Marcotulio ofrecerá a conferencia "Há variedades sem identidade linguística? Novos dados sobre o português falado em Aveiro".

As dúas conferencias xunto ás comunicacións presentadas serán publicadas na revista Estudos de Lingüística Galega, tras superar o proceso de revisión establecido pola publicación. O prazo para o envío de propostas de comunicacións orais encóntrase aberto ata o 30 de xuño.