Persoal investigador do ILG, no XXVIII CILFR

Data: 
Lunes, Julio 18, 2016 - 10:45
Imaxe: 

Entre o 18 e o 23 de xullo desenvolveuse en Roma o XXVIII Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxia Románica, organizado pola Société de Linguistique Romane. Este congreso, o principal encontro internacional no ámbito dos estudos de filoloxía e lingüística románicas, reuniu especialistas de todo o mundo. Varios investigadores e investigadoras do ILG da USC presentaron traballos e resultados de investigación neste evento.