As V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino terán lugar o 18 e 19 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. Xa se encontra aberto o prazo de inscrición.
Novedades
-
Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias
18/11/22 -
Membros do ILG no SIALNI2
17/11/22O 17 e 18 de novembro ten lugar na Universidade de Oviedo o II Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos del Noroeste Ibérico (SIALNI2), en que participan os membros do ILG Xulio Sousa e Clara Lago Caamaño.
-
Membros do ILG participan nun congreso en Varsovia
17/11/22Francisco Fernández Rei e Xoán Carlos Goris García participan o día 18 en Varsovia no V Congresso Internacional Redefinindo as margens desde uma Península Pluricultural: “Variação linguística e ideologia”, organizado polo Instituto dos Estudos Ibéricos e Ibero-americanos da Universidade de Varsovia (Polonia).
-
I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
14/11/22A I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores para promover e difundir a investigación sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Os traballos que se presentan nesta primeira edición abordan distintas cuestións empíricas, metodolóxicas e teóricas do estudo da variación e do cambio.
-
Dolores Vilavedra na xornada "Narrativas da nova diáspora galega"
10/11/22A investigadora do ILG Dolores Vilavedra participa o día 10 na xornada Narrativas da nova diáspora galega, organizada polo Consello da Cultura Galega.
-
Seminario sobre as linguas indíxenas do Brasil
09/11/22Hellen Picanço Simas, da Universidade Federal do Amazonas, impartirá un seminario sobre as linguas indíxenas do Brasil os días 9 e 10 de novembro na sala D-03 da Facultade de Filoloxía.
-
Gonzalo Navaza ingresa na RAG o 5 de novembro
05/11/22A Real Academia Galega celebrará o 5 de novembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Gonzalo Navaza como membro de número da Institución.
-
Simposio Florencio Delgado Gurriarán
03/11/22A colaboradora do ILG Concepción Álvarez Pousa participa no Simposio Florencio Delgado Gurriarán, organizado pola Real Academia Galega.
-
Artigo de Víctor Lara Bermejo en ELG
28/10/22Estudos de Lingüística Galega publica o artigo The system of pronouns of address in Madeira, da autoría de Víctor Lara Bermejo, profesor da Universidade de Cádiz e membro do CELGA-ILTEC da Universidade de Coimbra.
-
Convocatoria de dous contratos no Proxecto Nós
19/10/22O día 18 de outubro foi publicada a convocatoria pública 07/2022 en que se ofertan dous postos de traballo vinculados ao Proxecto Nós.