Os Cursos de verán de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”, organizados pola RAG en colaboración co ILG, volverán traer a Santiago de Compostela entre o 3 e o 24 de xullo alumnado de todo o mundo para aprender o idioma de Galicia. O prazo de inscrición encóntrase aberto ata o 3 de abril.
News
-
Destacado
XXXIII Edición dos Cursos "Galego sen fronteiras"
04/03/23 -
Destacado
Ivo Castro, doutor 'honoris causa' pola USC
03/31/23O lingüista portugués Ivo Castro será investido doutor honoris causa pola USC o venres 31, ás 12 h, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia. O catedrático da Universidade de Lisboa terá como padriño ao investigador do ILG Henrique Monteagudo.
-
Destacado
Artigo de Olaya Martínez Sánchez na revista ELG
03/29/23Olaya Martínez Sánchez publica no número 15 da revista Estudos de Lingüística Galega o artigo "TermAst: compilación de léxicos de especialidad del asturiano".
-
Destacado
Xoán Goris recibe a mención especial nos Premios á calidade lingüística
03/02/23O investigador do ILG Xoán Carlos Goris García recibiu unha mención especial nos Premios á calidade lingüística polo TFM Cambio de código e acomodación lingüística ante as cámaras de televisión: a gheada e o rotacismo. Unha achega ao cambio lingüístico en galego, dirixido por Xosé Luís Regueira Fernández.
-
Destacado
Artigo de Telmo Móia na revista ELG
02/27/23Telmo Móia, profesor da Universidade de Lisboa e investigador do Centro de Linguística da mesma universidade, publica en Estudos de Lingüística Galega o traballo "Sobre o uso de orações gerundivas adnominais em português".
-
Destacado
Membros do ILG no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
02/05/23María Álvarez de la Granja, Francisco Dubert García e Xulio Sousa participan nas conversas temáticas do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", que pretende dar a coñecer a oferta académica e a investigación da USC e o seu contexto social, cultural e espacial.
-
Destacado
Ana Boullón e Luz Méndez dan ao prelo dúas novas publicacións
02/01/23Ana Boullón e Luz Méndez son as editoras de Os camiños de Santiago de Europa a Galicia: Lugares, nomes e patrimonio e Estudos de Onomástica Galega VII. A onomástica literaria. Xornada de estudo. Pontevedra, 15 de outubro de 2022, ambas as obras publicadas pola Real Academia Galega.
-
Destacado
CORTEGAL, novo recurso do ILG
02/01/23O corpus CORTEGAL, Corpus de textos escritos por estudantes no ámbito académico, resultado do proxecto do mesmo nome dirixido por María Álvarez de la Granja e Ernesto González Seoane, xa se atopa en aberto para a súa consulta.
-
Destacado
Páxina web sobre os materiais galegos do ALPI
01/30/23O proxecto Variación e cambio nos dominios galego e portugués no século XX, dirixido polo investigador do ILG Xulio Sousa, acaba de facer pública a páxina web Os materiais galegos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica.
-
Simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa
03/22/23O Instituto da Lingua Galega colabora coa organización do simposio Medios de comunicación en linguas minoritarias – O galego e as linguas minoritarias de Europa, coordinado por Facundo Reyna-Muniain (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / Instituto da Lingua Galega, USC) e Craig Willis (Centro Europeo de Asuntos Minoritarios (ECMI) / EU Flensburg).