News

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    10/02/19

    Convocatoria pública 26/2019 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

    Convócase unha praza no Instituto da Lingua Galega para un posto de informático/a a tempo completo. O contrato terá unha duración de 6 meses.

    O prazo para presentar solicitudes remata o 8 de outubro.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    09/26/19

    Convocatoria pública 25/2019 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.

    Convócase unha praza no Instituto da Lingua Galega, para traballar no tratamento e análise de datos no Atlas Lingüístico da Península Ibérica. O contrato terá unha duración de 9 meses.

    O prazo para presentar solicitudes remata o 1 de outubro.

  • Conferencia de Miren Azkárate, Joan Costa e Miquel A. Pradilla

    09/20/19

    O pasado venres, 20 de setembro, Miren Azkárate, Joan Costa e Miquel A. Pradilla impartiron a conferencia "Por unha estandaroloxía comparada das linguas da península ibérica: perspectiva desde o éuscaro e o catalán".

  • Miren Azkárate visita o ILG

    09/20/19

    Miren Azkárate, catedrática da UPV/EHU, visitará o ILG para coñecer os diferentes proxectos que se levan a cabo nel. 

  • I Xornadas de Toponimia no ensino

    09/18/19

    Os días 18, 19 e 30 de setembro celébranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, as I Xornadas de Toponimia no ensino.

  • Defensa da tese de doutoramento de Raquel Rodríguez Parada

    09/10/19

    O pasado martes 10 de setembro ás 12.00 h Raquel Rodríguez Parada defendeu a tese de doutoramento "O léxico do enxoval (ss. XIII-XVI). Contribución ao estudo semántico dos tecidos, vestiario e complementos na prosa documental galega".

  • Conferencia de Fernando Tejedo-Herrero

    09/09/19

    O pasado luns, 9 de setembro, Fernando Tejedo-Herrero impartiu a conferencia "El laísmo, un ejemplo de dialectologización del castellano: de uso cortesano a rasgo dialectal".

  • XXXVIII Congreso da SEIO

    09/04/19

    Do 3 ao 6 de setembro tivo lugar en Alcoy o XXXVIII Congreso da SEIO.

  • Estudos em variação linguística nas línguas românicas

    07/30/19

    A Universidade de Aveiro acaba de publicar o libro Estudos em variação linguística nas línguas românicas, no que participan como editores os profesores Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa. 

  • A tese de Eduardo Louredo en Minerva

    07/30/19

    A tese de doutoramento de Eduardo Louredo, Variación e cambio lingüístico en tempo aparente: o galego do Ribeiro, está xa integrada no repositorio Minerva da USC.

Pages