News

  • Bolsa de colaboración no ILG

    09/04/18

    O alumnado de 4º de grao e os titulados que estean facendo o seu primeiro ano de mestrado poden solicitar unha bolsa de colaboración no ILG. O prazo para presentar o proxecto no Instituto remata o martes 11 de setembro ás 14:00 h.

  • Convocatoria pública de contratación de persoal

    08/03/18

    Resolución 9/2018, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de agosto.

  • Novo número de Estudos de Lingüística Galega

    07/31/18

    O número 10 da revista do ILG, correspondente ao ano 2018, acaba de ser publicado.

  • Patrimonio léxico da Gallaecia

    07/20/18

    Investigadores do proxecto Patrimonio léxico da Gallaecia, coordinado desde o Instituto da Lingua Galega, participaron nunha reunión na Universidade do Porto.

  • Neofalantes na diáspora, apuntamentos para unha tipoloxía

    07/20/18

    O día 23 de xullo ás 10.00 h, Facundo Reyna Muniain, da Universität Bremen e da Christian Albrechts Universität, ofreceu unha charla co título "Neofalantes na diáspora, apuntamentos para unha tipoloxía".

  • Nova versión do TILG

    07/19/18

    O ILG pon á disposición do público unha nova edición do Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).

  • Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

    07/19/18

    Cinco centros de ensino participaron no programa "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional" do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. 

  • ICCG10

    07/16/18

    Do 16 ao 20 de xullo tivo lugar en París o Tenth International Conference on Construction Grammar.

    O investigador Vítor Míguez participou neste encontro coa seguinte comunicación: "Certainty Adverbs in Galician: Constructionalization and Constructional Changes".

  • O papel dos factores sociais no procesamento da fala bilingüe

    07/11/18

    O venres 13 de xullo ás 13.00 h, Gisela Tomé Lourido, profesora de sociofonética na Universidade de Leeds, ofreceu unha charla sobre "O papel dos factores sociais no procesamento da fala bilingüe: o caso dos neofalantes".

  • Rosario Álvarez, presidenta do CCG

    07/04/18

    A investigadora e profesora Rosario Álvarez tomou posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega. 

Pages