Ricardo Pichel, colaborador do ILG e profesor da Universidade de Alcalá de Henares, e Ricardo Pousa, da Universidade de Vigo, son os responsables de encontrar a primeira receita médica en galego. Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid.
News
-
Atopan a primeira receita médica en galego
06/21/23 -
Xulio Sousa nun encontro da rede CLARIAH-ES
06/16/23O investigador do ILG Xulio Sousa participou os días 15 e 16 de xuño nun encontro na Universidade de Alicante para crear a infraestrutura da rede estratéxica CLARIAH-ES.
-
Cursos de verán da USC
06/16/23Membros do ILG organizan e participan nos cursos de verán da USC Corpus lingüísticos: recursos e métodos para a súa explotación e Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX. O primeiro terá lugar do 10 ao 14 de xullo na Facultade de Filoloxía e o segundo, do 4 ao 6 de setembro en Vilanova de Lourenzá. O prazo de matrícula aínda se atopa aberto.
-
II Congreso Toponomasticon Hispaniae
06/15/23Encóntrase aberto ata o 15 de xuño o prazo de envío de propostas para o II Congreso Toponomasticon Hispaniae. Claves en la investigación toponímica, que terá lugar en Miraflores de la Sierra e Alcalá de Henares (Madrid) entre os días 2 e 4 de outubro de 2023.
-
O galego ante o desafío da sociedade multilingüe
06/08/23A investigadora do ILG Dolores Vilavedra coordina a xornada O galego ante o desafío da sociedade multilingüe, que terá lugar o 8 de xuño no Consello da Cultura Galega.
-
Elisa Fernández Rei, nova directora do ILG
06/03/23O pasado 30 de maio Elisa Fernández Rei foi nomeada nova directora do ILG. Estará acompañada na secretaría por María Álvarez de la Granja, quen xa desempeñou o cargo de secretaria durante a dirección de Xosé Luís Regueira.
-
Persoas premiadas no test perceptivo
06/02/23O día 1 de xuño, ás 16 h, tivo lugar no ILG o sorteo de dúas tarxetas regalo entre as persoas participantes no test perceptivo realizado por Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei. As gañadoras son mariabe e rhernandezarias.
-
Presentación do libro de Pablo García Martínez
06/01/23Pablo García Martínez presenta o 1 de xuño o seu libro Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luis Seoane, editado por Laiovento. O acto terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 19:30 h.
-
Participa nun test perceptivo
05/31/23Saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? A túa participación neste test perceptivo ata o día 31 de maio pode ter premio.
-
Dous contratos de investigación no ILG
05/24/23Na Convocatoria Pública Ordinaria 5/2023 convócanse dous contratos a tempo parcial para traballar no ILG durante seis meses. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de maio ás 23:59 h.