O ILG participa como entidade coorganizadora do V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas xunto ao Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro (UA), institución impulsora do evento. O congreso terá lugar do 23 ao 25 de xuño de 2027 na UA e o prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 1 de febreiro de 2027.
News
-
02/01/27
!
O ILG coorganiza en Aveiro o 'V Congresso Internacional em Variação Linguística nas Línguas Românicas'
-
09/16/26
!
Antón Santamarina recibe o IX Premio Luís Porteiro Garea da USC
Antón Santamarina recolleu o IX Premio Luís Porteiro Garea nun emotivo acto que tivo lugar este mércores no Paraninfo da USC. O investigador do ILG Xosé Luís Regueira, discípulo de Santamarina e compañeiro de despacho desde hai 30 anos, foi o encargado de ler a laudatio.
-
09/02/26
!
Investigadores do ILG participan nun volume sobre a diverxencia diacrónica nas linguas iberoccidentais
A prestixiosa editorial De Gruyter acaba de publicar o volume colectivo Diachronic divergences in West Iberian languages, que conta coa participación dos membros do ILG Carme Silva, Francisco Dubert e Xulio Sousa, autores de tres dos capítulos do volume no ámbito do galego e da súa evolución diacrónica.




