GOND060
Décimas contra Diego Cernadas
Título | Décimas contra Diego Cernadas |
Autor | Anónimo |
Fecha originaria | 1770ca |
Edición | Fernández Salgado, Xosé Antonio / |
>
Tipo de fuente | Manuscrita |
Lengua | Galego |
Género | Poesía culta |
Difusión | Textos semipúblicos |
Autonomía | Textos autónomos |
Institution | Biblioteca da Fundación Penzol |
Opciones de visualización
Texto:
Mostrar:
Etiquetas:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Zinquenta, que lle dan a Dn. Diego Zernadas
cura de San Martin de Fruime, porque rabuñou
a certo caualeiro co as Uñas dos seus Pes:
apreixanllas ben, para que non rasque a outro.
E si o fai daranlle dozentas.
Décimas
Cernadas voluete Lucas
apartate de obras Loucas,
que din que con voces roucas
no Mes de Frebeiro cucas.
as Bubelas que enuaiucas
tente por un gran Cucon,
e fanche a panza Cuncon
donde metes con descoco
Cocos, que cocas do Coco
con Cocos de gran Cocon.
Chegaron â declarar
sendo contra ti nun todo
que nunca viron tal modo
como ô que tes de Ladrar
uns din que eres Can dò/mar
outros, Mastin de Pallares,
outros que para os ĉasares
eres peor que os Lebreles.
e a todos os teus papeles
chamanlle os Caniculares.
Eu chamoche Can; por què
jcon voces moi desacordes
me ladras a min, e mordes,
e me rabuñas cô ô pe
do teu verso ê Razon hè
xa que cos pes me Rabuñas,
e sin causa a pruma empuñas
contra min, dandome fallo
que para oir teñas Callo
pois para escriuir tes uñas.
Ti ladras desde as Cauernas
mais por acà non te atreues;
ê sin ladrar cando debes
metes o Rabo entre as pernas:
ti por este tempo imbernas
metido no teu Palleiro:
polo Brao Can de Azeiteiro
ladras como un Mostafan;
pero si Azeite che dan
logo colles ô Vieiro.
Agora ladras no Adro
que ' na tua terra estàs,
mais si ladras por acà
eiche de tocar ô Quadro:
cos teu ladridos non cadro:
procura dar sin afan
Dn. aos que nada dan dan:
dan dn. dn. ne patarata,
que che Dn. dan na tocata
do Villano que lle dan
Cando estabas en Santiago
estudiante e sin corona
ainda da fonte Elicona
non beberas disque ô trago;
mais vbeuche agora ô amago
da Vena des pois de crego;
pois sendo lego, ti Diego,
anque estudiado havias,
que ainda Musa non sabias
dice quen te acordou Lego.
Des pois xa claro, ou oculto,
da Virxen co â escusa
deches a entender con musa,
que estabas metido en culto
xa de crer non dificulto
aquela transformacion
de Xupiter en Castron;
pois ti, Cisne, desde Pato,
por methamorfosis, cato,
te volueche sin ficcion.
Foches mostrando con mañas
ser Poeta verdadeiro
pedindolle a o Caualeiro
Velas e Diñeiro Arañas
tamen, ê por que arrapañas
todo esto, a darche me atrebo
esta tunda, e darcha debo;
por que posto en razon era,
xa que vas leuando Cera,
que axa quen che dea Sebo.
Algun que afecto che cobra,
que esta carta Lea ê abra,
diria, non esta palabra,
ê que tampouco esta obra:
no me causara Zozobra
que no me alauen por ela;
mais direiche con cautela;
que os teus versos que aca veñen
en que pides Velas teñen
de boz que ueñen aa Vela
A zera boluela Mel
dentro da tua Hermitiña,
asi cho di Saudiña
o que pide en San Miguel,
que sendo Caixeiro fiel
xura, e perxura que fas,
como o que â ô Santo San Bras
sacando da Caixa un Taco
para as tomas de Tabaco
ô cobre en polbos desfas.
Han de declarar tamen
os antiguos Hermitaños
que entendendo os teus engaños
de pedicha se manten;
ben sauen amais ben ven,
que ti nas tuas poesias
cantando esas Letanias
para os Dolores alcanzas
Velas, que non vendo as Lanzas
sin Dolores as Vacias.
Asi Fruime descaixas
aZera para ô tabaco
a Zera metes no saco
e tabaco nas Caixas,
aZera ben a rebaixas,
e disque se bai nas Beas,
con Xantares ê coas Ceas
che dicen que a gaspachas,
facendo Velas das Fachas
boluendo as Velas Candeas.
Din que traes un Zerote,
que che oprime o Corazon
da Zera que sin razon
nin conta gastas â escote,
con ela encerais ô Bote
ti, e o teu sacristan:
cala, que xa cho diran;
han che de tocar a tiña:
hanche de dar â R apiña
repicandoche ô dan dan
Eles din que cho diran
mais perdendo a possesion
da tua composision
todo che perdonaran;
si non contigo daran,
ê en poñendote no fin,
han de tocarche ô din, din
co a campana do don, don;
han de arrimarte aun Bordon/
e hante de facer Pixin
Estes mas curar procura,
que estes Hermitanos mismos
mismo a costa dos teus dismos
pretenden poñerche Cura:
queren darche tal Cisura
que che ha de causar gran pena,
querenche cortar â Vena
e han que o leues â mal
queren sacarche ô Coral
pola sangria da Entena.
Ti sendo Cardo ou Auena
falaches de alguns sin modo:
tes licencia para todo
desde que che ueu aVena:
atua Vena se exqrequena
por picar, eu me dedico
apicala, e non me aprico
aesto, para que sangre
que eu non te pico por Sangre
anque na Vena te pico.
Eultima mente dime,
e responde con acato:
en quegastas o curato
de Sn. Martin de Fruime?
agora a espada se exgrime
contra ti, que o dan dan mobes;
donde tanto ben encrobes,
que atodos a dar prouocas
vendo que o dan, dan non tocas,
nin llo repicas â os probes.
Eu vexo que as tuas Rentas,
segun ô que me respondes,
as enlutas , ê escondes
co â tinta das imprentas:
Mira! Que ô mismo Dios tentas
mentras Don, Don non explicas
mentras dan, dan non repicas,
mentras que todo o que expulgas,
eti mismo te comulgas
a os probes non communicas!
Eu non che gasto de Risa,
que che falo tan de veras,
como si a Dios ofreceras
o sacrificio daMissa,
e sendo que esta diuissa
polos probes tamen sumes
e partirlles non presumes
do Veneficio, que comes
saue que cando ô consomes
Cristo nos probes con sumes.
Leuado de algun ardor
ben sei que sabras decir
que o Demo por peruertir
se mete a Predicador;
non che acometa o temblor
das presentes nouedades
repara as necesidades
curalle a os probes a tos,
que o Demo si ô manda Dios
por forza dirà Verdades.
Non tes que buscar escusa
para pedir a os señores
para a Virxen dos Dolores,
que eu ben che entendo amusa
dedar culto aaVirxen usa
a fee/tua, non he oculto
ti eres culto, e dificulto
si as Velas segastaran
no culto para que ban,
ou si as consume o Culto.
Heche un â accion fementida
que escandaliza, e des dora
pedir por nosa Señora
por pasares boa Vida
esta señora aflixida
solo quer por resplandores,
que as culpas xemas, êchores,
que as suas Angustias reces.
Sete misterios de deces
polos seus sete Dolores.
Con esta Virxinal Capa
xa ôxe os teus labradores
din que aVirxen dos Dolores
manten â â Virxen da Lapa
o sacristan faise Papa,
êbota un ano êun dia,
ti con el poste en porfia,
e entre tantas conferencias
Xubileos ê indulxencias
metedes na Sacristia.
As Velas que aca chedan
para a Virxen, as encendes,
e na tua man lles prendes
lume, pola tua man;
nas tuas mans arderan
as Velas pois se presume,
que en aquelas se consume
algo âô menos das Velas;
pois poñer estas naquelas
ben aser poñerlles Lume.
Conque xa podo afirmar,
quealgun â (asi Deus tegarde)
cera nas tuas mans arde,
que non arde no altar.
Un sacristan dun lugar
ataba todos os cauos
xuntos nun feixe, e con brabos
ardides vendiaos presto:
ô teu Carlos non fai esto,
ti e el non atais Cabos.
Con cousa tan importuna
todo oque che dan derrotas
e todos os anos botas
papeis a rondar fortuna:
deixate de andar atuna
dalle descanso a razon
apartate do don, don
vaite cantar a o Espital
que de ali anque cantes mal
sacaras un a Racion.
Dibulgas ti cantinelas
co nome do sacristan,
ben se saue que seran
de quen despauila as Velas:
fas Decimas con Cautelas
como que he Carlos con fraudes:
xusgas ti que asi te aplaudes
querendo facer con tretas
ti as decimas completas
para que se sigan Laudes.
Con este teu modo Vago
andando por esa Via,
na tua feligresia
gastas Cera de Santiago;
mais has de facer ô pago
da Luz con que te alomeas
cando escriues, cando ceas,
vè si aprontas logo os Cauos
sinon posto en menos Cauos
recacharas as Candeas.
Non falta quen con Verdad
di que das Velas que colles
as mellores as recolles,
e gastas a Voluntad:
despois das a Soledad
por parte nestas camorras;
mais parati as engorras,
e pagasnos os Brandons
con Versos e con borrons
facendo da Cera Borras.
Que che dean aconsellas
Zera para te alumbrar
mais non ousan traballar
para alumbrarte as Avellas:
pon o Xunco nas Orellas,
que parecen Lamparons
pois Morciegalos pelons
por velas tan azeitadas
chupan nelas entenadas
que fan dentro os Auellons.
Pè que Orellas desdichadas
cheas de tal fealdad!
pon uns Orellons deAbad,
e dà as que tes as Criadas
que para un as Arracadas
sei que lles fas Veneficio
Postas no teu orificio,
si o Bentre se che desgracia
con orellas de tal gracia
han de darche bo Seruicio.
Que ay amigo Cernadas?
non sei si ainda escaramusas
en pago das tuas Musas
leua estas Aborralladas:
atende aestas aldabadas
que che ofuscan os sentidos
ten os todos preuenidos
no nos entupas cos obos
non limpes Cera dos Cobos
limpa aZera dos Oidos.
Aque escoites te convido
consellos tan commedidos,
e que me prestes oidos,
an que che falte ô oido,
eu penso que ô teu sentido
das Musas noreximento
bufa forte como ô Bento
subindo moi de rrepente
de soldado a se† Thenente
sin primeiro ser sarxento.
Asi cos meus pes te trillo
como me respondes vè!
que sobre cada teu pè
ei de fundar un Castillo,
non ueñas con un estriuillo
como o do Dn. donde dan:
que ei de tocar din, gon, dan,
e cantar con voz sincera
pola Calle din, gon, dera,
Cinquenta dandoche ban
Con achaque de que choca
a tua Musa bufona
dices de calquer Persona
O que seche uen a Voca:
si esta miña te prouoca;
ê â queres conuatir,
parindo versos, decir
podo con razons apares:
que Versos contra min pares
porque te poño aparir.
Pareceme que por xogo
tocas o dan, dan de risa;
mais anque estea deprisa
ei che de tocar afogo:
Xa pasa de desafogo
repetir tal tocamento:
retirate deste intento
que omeu dictamen rebate
a Salsa do teu Tomate,
e ponte como un Pemento
Mordesme en Papeliños,
que leeron moitas Xentes:
mordes me, chantasme os dentes
chantame agora os fuocinos:
si lendo estes meus termiños
fixères xestos, ou mocas,
ê contra min te desuocas,
ê con Mocas ques ferir me,
e focas no Corpo abrirme,
Chantame as mocas nas focas.
Diras que todo esto he Palla;
por que te ues conuencido
ben sei que oque esta vencido
di, que todo he faramalla:
esta Musa ben te malla
e en forma de desvario
das Velas cheda desvio;
mais simedas tal resposta
ben sei que os que dan â Costa
botan polas de Pabio.
Dicen que atua Poesia
he fria si he deRrepente;
pero si esta algo qente
(xase ue) non he tan fria.
Si a algun â festa algun dia
axantar eres chamado
glosas des pois de pensado,
si ali algun te pica en Versos
compos moitos ê diuersos
mais he des pois de picado.
Diz xente non ignorante:
que saues, e que tes Letras
que entre outras Artes penetras/
a Nautica (he constante)
que ti letra tes bastante;
pois na terrasin ser Mar
Velas saues leuantar,
e sin mirar as estrelas,
gouernas (collendo as Velas
a Agulla de marear.
En escudriñar principios
de ciencias, deseoso es,
e xa delas dis que tes
tales quales participios:
por bruxulas ou por Ripios
ti ter principios anhelas;
mais por pasar te desuelas
para non ter menos Cabos
desde os principios a os cabos/
discurres en esto, e Velas.
Din que o teu Xenio lle ralla
ter â casa proueida;
mais non a tes tan barrida
de Alaxas, e Vitualla,
que estea de poluo e palla
barrida, e non son patrañas:
que no teu cuarto ai Arañas
e por limpeza do Altar
outras chegache a Limpar
tendo as na casa tamañas.
As Arañas deben ser
do teu Xenio, en meu sentir,
ti todo he Versos Urdir,
e elas todo he teser,
elas tesen por coller
a Mosca, ea tua tosca
poesia, tamen se enrrosca
Urdindo en Verso marañas
agora que ten Arañas
para pillar tamen Mosca.
Sempre compoñendo estas
solo con un a das musas,
das noue musas non usas;
pois non ques na casa Hirmas:
das Hirmas caso non fas,
ean que as musas as estimas
tocar lira non te animas
pois si de Hirmas non teacordas
na Casa (anque sean cordas)
mais pouco queres ter Primas.
Como eres compositor
de Versos tan alauado,
para aquí ou outro lado
tes Versos para Compor;
si tes encarga maior
aun a estre=lasanta apelas
por luces e ves por elas
dache luces conque luces:
tanta falta tes de luces,
canta dices tes de Velas.
Xa chegaches â alcanzar
polos teus Versos festibos,
que por aulos positibos
os fosen apresentar:
moito chegache apribar
entonces, e moi premiado
foches; porque decontado
(anque estabas ben, suspenso)
da Corte das musas, penso,
chegaches aser Priuado.
Queixabaste nun retazo
de un papel con gran tristeza
non da falta da caueza
sinon da falta de brazo
e lastima que un homazo
de tal Vena, e tal caudal
estea en un posto tal,
pois pola lira ou azitra,
mereces con un a Mitra
que che fagan Cardenal.
Hera ben esto he vexo,
xa que a outro posto anhelas,
elimpas tanto as Velas,
poñerte no Candero;
mais eu tamen considero
que ser ti veneficiado
che cadrou moi adequado;
pois para atua cordura,
era ben facerche Cura,
e seres, crego Curado.
Atacarme quereras
con Versos mais o instante
si me atacares por diante,
boluereime por de tras,
esi xusgases, que estas
triunfante, e eu atacado;
triunfarei desatacado,
de ti e por non ser audaz
poreiche diante da faz
apaz, para que a abrazes,
esi non abrazas paces,
dareiche a beixar apaz.
Pero xa quero acabar
as miñas decimas prontas:
son cinquenta, esi as contas
leuas nelas que contar:
fun piadoso eu en che dar
zinquenta nomais, si o bentas;
pois aunque en papel me afrentas,
ouben deti compasion;
por que elas zinquenta son,
e ti mereces docentas.
Ala cheuai esta Limosna; co aque poderas
saciar o teu corpo, afamado; contenprando: que che falta
odente, amais a Moa; no me atrebin a remetirche polo
dador de este alguns codelos, que co apidicha, para
a caixa que deixou Come Tabaco, ou por outro nome
morre na Corre. Podras pois comprar algun azeite,
para alumbrarte (co o que che sobrare, despois que compres
un a Arroba deZera para nosa Señora) co o que che sobre
de ese Doblon, con que te alumbro. Roga por min que anque
me desconoces, eu conocendote ouriñote, e rogo polo teu
ben: ti de min non digas mal, e disimula o parado, e an que
chas dean sea no cu, ou na cara, ou na espadua, Cala
.
Leyenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT