GOND012
Apolo sexa conmigo 
| Título | Apolo sexa conmigo | 
|---|
| Autor | Vallo de Porras, Bernardo | 
|---|
| Fecha originaria | 1697 | 
|---|
| Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
|---|
				Opciones de visualización
				Texto:    
Mostrar:    
 Etiquetas:  
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
    
    
        
            
                DE DON BERNARDO VALLO DE PORRAS. 
ROMANCE GALLEGO.
            
        
    
    
        
            
                APolo seja conmigo
                Neste caso do Certamen,
                Porque en groria de Fonseca
                Botar poda ò pe diante.
            
            
                O caso, que aqui se pon
                E si està Fonseca ò Grande
                Mais à Cidade obrigado,
                Ou lle està mais à Cidade.
            
            
                Ela ten moito dereito,
                Que pode sua Nay chamarse,
                Pois de todos seus Abòs
                nela tèn à tronquidade.
            
                       
                Nela foy seu nacemento,
                Do que el ben pode entonarse,
                Porque nacer na boa terra
                E dita para estimarse.
            
            
                Pois todos din que na mà
                Fruto bò non pode darse,
                Moito ben se debe logo
                A terra donde se nace.
            
            
            
                Logo si Fillo Fonseca
                Debe desta nomearse,
                Como Fillo està obrigado:
                E mais non pudo obrigarse.
            
            
                E verda que foi seu Fillo,
                Mais tamen è gran verdade,
                Que non tuvo à terra Pay
                De quen mellor se amparase.
            
                    
                Seu Fillo foi moi sabido,
                Dò que ela debe groriarse,
                Porque vn Fillo gran Doutor
                E sempre à groria do Padre.
            
            
                El ò serviço ordinario
                Alcançou que non se pague
                En que non librou ò Pobo
                De pouca cautiuidade.
            
            
                Por esto ben mereceu,
                Que redemptor lle chamassen,
                Que quen libra de serviço,
                Ven à dar à libertade.
            
                        
                Mais à millor da suas obras
                Foi esta Vniversidade,
                Para que estudiando os homes,
                Fosen homes, non salvajes.
            
                    
                Esto è craro, pois se vè,
                como fala quen non sabe,
                E que ninguen sin estudio
                Fala con autoridade.
            
            
                Cos estudios que fundou
                Moitos saìron, è sayen
                
                Por Arçobispos, è Obispos,
                E moitos mais por Abades.
            
            
                E si os Estudios aqui
                Non chegaran a fundarse,
                Non tuveran os Galegos
                No saber tanta ventaje.
            
            
                Que alumea entendementos
                Se pode dezer en parte,
                Pois còs Estudios que pujo
                Nos libra de escuridades.
            
                    
                De mais desto aqui fundou
                Casas para Colejales,
                Deixando bastante renta,
                para que à estudiar non falten.
            
            
                De todo ò Reyno entran nelas,
                Que todos queren honrarse,
                Porque dán as Vecas honra
                Anque seja à nobre sangre.
            
            
                Outras cousas moitas fijo,
                Que nõ digo, anque son grãdes,
                Porque as que digo, sòmente
                Obrigan mais que ò bastante.
            
            
                As que dixen son tan boas,
                Que non poden mellorarse,
                E por mercede as conocen
                Non sò esta, as mais Cidades.
            
            
                Nesta por mais obrigada
                Sempre alabanzas lle canten,
                Anque non ò alaban todo
                Anque mais è mais ò alaben.
            
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Leyenda: | Expanded • Unclear • Deleted• Added • Supplied | 
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT