GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND014

Eu oín a meus avós

TítuloEu oín a meus avós
AutorPardiñas Villardefrancos, Fabián
Fecha originaria1697
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

A ESTE ASSVMPTO, cuyo Autor no quiso dar el nombre, aunque le logra grande en la Poesia ROMANCE GALLEGO. Eu oin à meus Abòs Cando do Homero falaban, Que os ingenios como à Fonte Co seu cacho iban à auga. E logo lles preguntei A donde este Homero estava; Mandaronme à Compostela, Y as Estrelas ja rayaban. Achei vnha Fonte Seca, Señores, quen tal pensara, Que esta Fonte non correra Donde sempre o trono raya? Eu po lo menos oin Dijera vn home na casa, O mollado nun ruido Despois de tronos à auga. Pero tamen me dijeron Si o nacer do sol toaba Cas moitas luces do dia Todo o raudal istiñaban. E porque a auga no achei Senteime à ve lo que passa, e as Estrelas me fan ver Co problema que barallan, Se pregunta quen mais debe O Siñor FONSECA à Patria: Ou à Patria à quel FONSECA, Que por auga luces mana. O que sei de certo he, Que si o Campo luz espalla Estrelas no nacemento A este home non lle faltan. E si as Estrelas pubrican O nacente dos Monarcas, O que monarquias funda Teña Estrelas dupricadas. Si o nacer con vnha Estrela O recibe à sua Patria, Bolverlle sinco por vnha o nacer, he gran ganança. A Patria he madre dos homes: Pero si ben se repara Ay algus homes que son Con razon Padre da Patria. Esse me dan à escoller Destas duas nomeadas: Mais quijera ter de Pai, Que ter de Nai alabanza. E porque tamen oin En esta Escola afamada Concurre à Nai padecendo; E que o Pai actiuo obraua. Fago agora vn casamento Do primeiro, relembranza; Adan dou a costa à Eva, E Adan, non lle costeu nada. Tolaje serà meterme Na Teologia Sagrada; Pero dei nesta tolaje, Porque os juezes cai en gracia. Redimir dis que vnha obra Mayor aun he que a criança; Porque esta non supon culpa, E aquela supon desgracia. He criar obra do Ceo, E se ve neste home crara: Compostela coa sua Estrela Foi à este home via lactea. Pero este home agradecido A boa obra logo paga, Redimindua dun Seruicio, Que de Ordinario maltrata. E tamen à ley abona Postos os dous nas balanzas, Que o Fillo à Madre non debe E esta à aquel, debe a soldada. Os Doutores en Meiciña Sobre vn doente berravan, Que a parte mandante era A quen mais debia a arca. Esto achei en Compostela, E bolvome à miña casa, A ver si acho o chicolate Para bordon das cabaças.

Leyenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar XMLDescargar selección actual como TXT