Lingua Viva

Lingua viva é un espazo a disposición da cidadanía para recoller o patrimonio lingüístico galego a través dun método colaborativo. Esta web quere reunir as doazóns lingüísticas de todos/as os/as falantes do galego vivo, de aí que incorpore distintas vías para levar a cabo o legado lingüístico, desde a doazón de palabras e expresións nos dicionarios creados polas propias persoas usuarias ata o envío de audios ou a participación en experimentos de produción ou percepción lingüística. O recurso tamén difundirá artigos de divulgación sobre o galego, as linguas en xeral e a lingüística. Así mesmo, irá ofrecendo os resultados dos datos que se vaian achegando, co fin de que as persoas que comparten o seu saber lingüístico poidan comprobar como a súa doazón contribúe e enriquece a presentación do datos en gráficos, mapas e outros métodos de visualización.

Lingua viva contribuirá a conformar un corpus amplo que represente de maneira adecuada a variedade do galego vivo en todas as súas expresións, axudando a que a xente tome conciencia da riqueza que supoñen as linguas e do valor que representa unha lingua viva.

Accede aos nosos recursos!