Os 10 nomes de nenas e nenos máis populares en Galicia (2000-2015)

A publicación do listado de nomes máis populares para nenos e nenas en territorio español en 2015 (INE) permítenos coñecer cales foron os nomes empregados de xeito máis frecuente en Galicia e comparalos cos seleccionados nos últimos quince anos. Nos nomes escollidos para nenas as modificacións non son moitas. Noa segue a ser o nome seleccionado con preferencia, polo que se mantén na mesma posición desde o ano 2012. Martina, Sofía, Alba e Carla incrementan a súa frecuencia de uso, mentres que Daniela, Sara, Lucía, Paula e María pasan a ocupar posicións máis baixas. É de salientar María, un nome moi habitual desde hai moitas década, que en 2015 deixa de figurar entre os dez nomes máis recorridos. O único nome novo que aparece na relación é Valeria.

Nos nomes para homes os cambios respecto do ano anterior tampouco son moi notables. Martín continúa a ser o nome favorito, como no ano anterior, e Pablo, Daniel e Adrián seguen a ocupar a mesma posición ca no ano pasado. Mateo, Manuel, Diego e Nicolás son utilizados de xeito máis común, mentres que Hugo, Leo e Lucas incrementan o seu emprego. Son de destacar o incremento no emprego de Lucas e o descenso de Nicolás, que deixa de figurar entre os dez nomes de home máis frecuentes.

Nos seguintes gráficos pode comprobarse a evolución das frecuencias dos 10 nomes máis comúns entre 2000 e 2015. Ademais é posible coñecer unha breve referencia sobre a orixe e significado de cada un dos nomes de pía. Este gráfico está baseado no creado en 2013 por Ami Sedghi para theguardian. Os datos están tirados da páxina do INE.

A evolución da preferencia na escolla de nomes entre 2000 e 2015 pode observarse tamén a partir dun gráfico con movemento.

Colaboraron na elaboración