O PROXECTO
Este recurso ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro do territorio orixinario das linguas galega e portuguesa. A tal fin, ofrece a información recadada a través dun atlas que permite observar a distribución de variantes denominativas correspondentes a unha selección de conceptos.
A área considerada está constituída polos concellos galegos e portugueses que forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e por municipios estremeiros galegófonos de Asturias e Castela e León.