A rede está integrada polos seguintes grupos:
Trátase, por tanto, dunha rede interdisciplinar, que procura un espazo de interacción entre as dúas grandes culturas científicas, a partir dunha alianza estratéxica entre sete grupos das Universidades de Santiago e Vigo convocados polo grupo FILGA. Cómpre salientar que FILGA é o grupo dos investigadores do ILG, instituto universitario de investigación centro de referencia na investigación sobre o galego; TALG, outro grupo de humanidades, sustenta en boa medida o traballo do recoñecido Seminario de Lingüística Informática da UVigo (http://webs.uvigo.es/sli/); GRADES é un grupo vigués que traballa sobre lingüística aplicada, sociolingüística, lingua de signos, etc.
O sector tecnolóxico está representado na rede por tres grupos complementarios, de acordo coas liñas forza básicas da cooperación que se pretende: tecnoloxías da fala (GTM, UVigo); recuperación de información, tecnoloxías da web semántica e minería de datos (GSI, USC); e xestión de información con referencia xeográfica, enxeñaría de datos espaciais e visualización de datos (COGRADE, USC). A rede complétase de forma fundamental, neste deseño inicial, coa participación do grupo de estatística (MODESTYA, USC), que permitirá avanzar na utilización de técnicas axeitadas e novidosas na análise dos datos lingüísticos.