TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

COMPOSICIÓN E ESTRUTURA

A rede está integrada polos seguintes grupos:

a)FILGA. Filoloxía e Lingüística Galega (GI-1743). Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela. Grupo coordinador da Rede.

b)MODESTYA. Modelos de Optimización, Decisión, Estadística y Aplicaciones (GI-1914). Departamento de Estatística e Investigación Operativa. Universidade de Santiago de Compostela.

c)GTM. Grupo de Tecnoloxías Multimedia. Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións. AtlantTIC Research Center for Information and Communication Technlogies. Universidade de Vigo.

d)COGRADE. Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos (GI-2116). Departamento de Electrónica e Computación / Instituto de Investigacións Tecnolóxicas. Universidade de Santiago de Compostela.

e)GSI. Grupo de Sistemas Intelixentes (GI-1636). Departamento de Electrónica e Computación. Universidade de Santiago de Compostela.

f)TALG. Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega. Departamento de Tradución e Lingüística e Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo.

g)GRADES. Gramática, Discurso e Sociedade. Universidade de Vigo.

Trátase, por tanto, dunha rede interdisciplinar, que procura un espazo de interacción entre as dúas grandes culturas científicas, a partir dunha alianza estratéxica entre sete grupos das Universidades de Santiago e Vigo convocados polo grupo FILGA. Cómpre salientar que FILGA é o grupo dos investigadores do ILG, instituto universitario de investigación centro de referencia na investigación sobre o galego; TALG, outro grupo de humanidades, sustenta en boa medida o traballo do recoñecido Seminario de Lingüística Informática da UVigo (http://webs.uvigo.es/sli/); GRADES é un grupo vigués que traballa sobre lingüística aplicada, sociolingüística, lingua de signos, etc. O sector tecnolóxico está representado na rede por tres grupos complementarios, de acordo coas liñas forza básicas da cooperación que se pretende: tecnoloxías da fala (GTM, UVigo); recuperación de información, tecnoloxías da web semántica e minería de datos (GSI, USC); e xestión de información con referencia xeográfica, enxeñaría de datos espaciais e visualización de datos (COGRADE, USC). A rede complétase de forma fundamental, neste deseño inicial, coa participación do grupo de estatística (MODESTYA, USC), que permitirá avanzar na utilización de técnicas axeitadas e novidosas na análise dos datos lingüísticos.