TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

Gráficos por Computador e Enxeñaría de Datos da USC (GI-2116), Campus de Santiago (COGRADE)
IP: José Manuel Cotos Yáñez (Profesor Titular de Universidade, http://citius.usc.es/equipo/persoal-adscrito/manel.cotos).

O grupo, creado no 2011, está estruturado segundo unha xerarquía clásica en tres niveis composta por 4 profesores universitarios dos que un deles é o coordinador, estables todos eles (3 TU, 1 CD indefinido) e un investigador doutor, contratado cunha beca competitiva do centro CITIUS. Un segundo nivel composto de 4 contratados con cargo a proxectos/convenios e catro estudantes con becas erasmus mundi aos que se lle está a dirixir a súas teses. E o terceiro nivel formado por persoal de apoio (10 persoas), que no noso caso é o do centro de investigación que da soporte a tódolos grupos do mesmo (http://citius.usc.es/equipo/persoal-de-apoio), polo que non se pode computar como persoal do grupo, aínda que disfrute dos seus servizos.
COGRADE é un grupo de tamaño medio na universidade (13 persoas) cunha estrutura equilibrada entre doutores e non doutores (5/8), ben balanceado entre persoal estable e contratado temporal (4/9) e meramente interdisciplinar no ámbito de investigación das TIC (3 físicos, 9 informáticos e 1 enx. en telecomunicaciones). COGRADE está integrado no CITIUS, un centro de investigación singular pertencente á Rede de Centros Singulares de Investigación da USC especializado nas tecnoloxías da información (http://citius.usc.es). Os seus membros, dentro do CITIUS, coordinan dous dos programas científicos: Intelixencia Ambiental e interfaces multimodais (Julian Flores) e Enxeñaría de Datos (José M. Cotos). Os dous programas orbitan na liña de adquisición de datos do entorno, ben local, (no fogar, no traballo, no noso automóbil, etc.). ben no entorno medioambiental máis amplo (cidade, natureza, medioambiente en xeral) para logo extraer e interpretar a información recollida e desenvolver aplicacións multimedia e multimodais de interación entre o usuario e o seu entorno. En definitiva estamos a falar da internet das cousas e das persoas e dos datos na nube. Estas ferramentas son o complemento adecuado para o procesado da linguaxe en tempo real.
Se ben hai un fío condutor na temática do grupo como se deriva do apartado anterior, podemos concretar tres grandes áreas temáticas nas que o grupo é especialista:

  • Sistemas de adquisición de datos e intelixencia ambiental.
  • Procesamento intelixente de datos espaciais (Satélite, Sistemas de Información Xeográfica con características espacio-temporais).
  • Interfaces multimodais (Realidade Virtual, Realidade Aumentada, Recosntrucción 3D do patrimonio cultural, Interacción avanzada co usuario, etc.)

Nos últimos 5 anos o grupo: captou financiamento de I+D por importe de 0,7 M€ en proxectos internacionais, nacionais e autonómicos, así como en contratos de I+D con empresas e administracións públicas; destaca a participación e 3 proxectos da convocatoria INTERCONECTA en 2013.
Publicou 6 artigos en revistas JCR e 12 en congresos internacionais con revisión por pares; dirixiu 3 teses no marco do seu Programa de Doutoramento con Mención de Calidade; e prestou especial atención á transferencia dos seus resultados de I+D mediante a creación de 2 spin-offs, ademais de xerar 2 patentes e un rexistro de software.


COGRADE

PDI1                             4
En formación2                 8
OID3                             0
Sexenios PDI                  6
Total doutores                 5
Total persoal investigador 13
1 PDI: Persoal docente e investigador doutor, incluindo as categorías laborais de profesorado desde Catedrático de Universidade ata Axudante Doutor (e categorías equivalentes no CSIC), así como contratados posdoutourais en convocatorias competitivas (Ramón y Cajal, Parga Pondal, Marie Curie, etc.). Correspóndese coa definición de “Investigador” recollida no artigo 2º desta convocatoria. No caso do CESGA, persoal técnico doutor estable con experiencia en I+D.
2 En formación: Persoal investigador en formación que está realizando a tese de doutoramento. No caso do CESGA, persoal técnico en formación.
3 OID: “Outros Investigadores Doutores” contratados no grupo e non incluidos na categoría PDI, por exemplo doutores contratados con cargo a proxectos de I+D. No caso do CESGA, persoal técnico doutor non estable con experiencia en I+D.

 

Infraestruturas de relevancia para a rede
Unha parte imporante da infraestrutura da que dispón CITIUS foi cedida por COGRADE como parte da súa integración no Centro, destacando a maior parte da infraestrutura dispoñible no Laboratorio de Contidos Dixitais (incluíndo a CAVE e o sistema de captura de movemento) así como unha parte dos recursos de supercomputación dispoñibles para o manexo de gráficos computacionais. Así mesmo, COGRADE tamén se está a responsabilizar do desenvolvemento do Laboratorio de Tecnoloxías de Inmersión, para o que dispón de diverso equipamento de sensorización e monitorización (sistemas Arduino, sensores WaspMote, etc.) así como da infraestrutura computacional necesaria para coordinar a adquisición e monitorización da información.
COGRADE conta coas infraestruturas do CiTIUS, entre as que destacan os tres laboratorios do Centro:

  • Laboratorio de robótica: Este laboratorio está acondicionado para a investigación e experimentación con robots autónomos. Dispón de 97m2 e un sistema de localización con cámaras que permite coñecer de forma precisa a posición dos robots. Actualmente o centro dispón de 5 robots autónomos (4 Pioneer e 1 Robosoft), estando 2 de eles habilitados para operar en exteriores. Tamén dispoñemos dun robot humanoide (Nao). Os robots están equipados con sensores de contacto, ultrasons, escáner láser, infravermellos. Adicionalmente, tamén se dispón de equipamento de sensorización para os robots: cámaras de visión, unha cabeza estereoscópica, un sistema de eye-tracking e sensores Kinect.
  • Laboratorio de contidos dixitais: Este laboratorio está acondicionado para a experimentación na interacción persoa-computadora, en animación 3D e en prototipos de contornos de realidade virtual e realidade aumentada. A infraestrutura máis singular deste laboratorio é o sistema inmersivo de realidade virtual CAVE (Cave Automatic Virtual Environment), cunha pantalla e solo, un sistema de captura de movemento e unha estación de rendering. Adicionalmente, tamén se dispón de diversos dispositivos de interacción e equipos de altas prestacións para o desenvolvemento de prototipos de videoxogos e interfaces con realidade aumentada, con recoñecemento de emocións faciais e corporais.
  • Laboratorio de tecnoloxías de inmersión (Living Lab) O propio CiTIUS concíbese como un laboratorio para a experimentación na inmersión de persoas nun contorno intelixente. No Centro instalouse unha rede inalámbrica de sensores (WSN, Wireless sensor Network) con diferentes tipos de sensores ambientais, como por exemplo de temperatura, humidade, infravermellos, luminosidade, etc.
  • Ademais, o CiTIUS conta con diversos recursos computacionais (http://citius.usc.es/centro/infraestruturas) entre os que destacan un Cluster HPC que conta con 18 nodos de procesamento e que da servizos tanto de supercomputación como soporte ao Centro. Tamén destaca un conxunto de servidores para a computación GPGPU.