TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

Gramática, Discurso e Sociedade (GRADES)
http://grades.uvigo.es/

Grupo GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade) da Universidade de Vigo. (HO6). Áreas de Lingüística Xeral e de Lingua Española. Facultade de Filoloxía e Tradución. Universidade de Vigo. O grupo GRADES reúne na actualidade a 19 investigadores das áreas de Lingua española e Lingüística xeral da Universidade de Vigo (campus de Vigo). A consolidación do grupo GRADES tivo un primeiro fito na integración de tres grupos anteriores: Grupo de Investigación de Gramática e Léxico (GIGRALEX), Observatorio de Sociolingüística e Seminario de Sociolingüística, Bilingüismo e Linguas en Contacto. Da culminación deste proceso informouse a finais do ano 2014. As temáticas de investigación que resultan agregadas nesta fusión son, fundamentalmente:

  • O estudo da gramática baseado nunha metodoloxía de corpus informatizados. Sobre a experiencia da creación de ADESSE, unha base de datos de verbos e construccións verbais do español que contén a análise sintáctico-semántica do corpus BDS (dispoñible en http://adesse.uvigo.es/), desde 2014 se está a desenvolver un corpus da lingua de signos española (LSE). Como resultado da anotación e análise dese corpus, e da colaboración co grupo GTM da Universidade de Vigo, estase a desenvolver o proxecto CORILSE.
  • A análise de prácticas discursivas concretas, tanto escritas como orais está dando resultados concretos no desenvolvemento de análises de discursos de xénero no ámbito da inmigración, no proxecto MILES, no estudo de prácticas escritas como o graffiti, que reflicten ideoloxías minoritarias ou alternativas, ou a análise, cunha perspectiva etnográfica, de corpus orais de fala bilingüe nun contexto rururbano.

No que atinxe ao persoal de investigación contratado, actualmente están a realizar as súas teses de doutoramento tres persoas que teñen conseguido un contrato de investigación nas convocatorias da Xunta de Galicia e unha cuarta na convocatoria FPU do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Ademais, outras persoas contan con contratos asociados a proxectos de investigación vinculados coa temática das súas teses. Isto permite consolidar algunhas liñas de investigación do grupo, como a análise de discurso en pacientes con déficit neurolóxico ou a interacción entre discurso e gramática na lingua de signos española, por exemplo.


As linguas de estudo do grupo de investigación son fundamentalmente o español, o galego e a lingua de signos española, principal lingua de comunicación das persoas xordas que viven en Galicia. Compartimos unha aproximación funcional e cognitiva á linguaxe e un xeito moi semellante de entender e manexar os datos lingüísticos, tanto no cuantitativo como no cualitativo, de tal xeito que un dos nosos desafíos máis importantes agora é poñer en común recursos e visibilizar as actividades do grupo.

Membros

Con data 1 de setembro, os investigadores de GRADES son:

Relación de investigadoras e investigadores doutores:

  • Antonio Rifón Sánchez
  • José María García-Miguel Gallego
  • Inmaculada Anaya Revuelta
  • María del Carmen Cabeza Pereiro
  • Susana Rodríguez Barcia
  • Ángel Rodríguez Gallardo
  • Xoán Paulo Rodríguez Yáñez
  • Fernando Ramallo Fernández
Relación de investigadores e investigadoras en formación:
  • Ana Varela Suárez
  • Ania Pérez Pérez
  • Celia Fernández Vasco
  • Daniel Pinto Pajares
  • Denís Vicente Rodríguez
  • Gervásio Absolone Chambo
  • Jorge Diz Ferreira
  • Laura Collazo Durán
  • Laura Rodríguez Salgado
  • Marta Díaz Ferro
  • Maxi Pauser
  • Rubén Moralejo Silva