TECNOLOXÍAS E ANÁLISE DOS DATOS LINGÜÍSTICOS

Ver búsqueda de navegación

Navegación

Buscar

Modelos de Optimización, Decisión, Estadística y Aplicaciones (GI-1914)

IP: Wenceslao González Manteiga.
http://eio.usc.es/pub/gi1914/

O grupo “Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións” (MODESTYA) código GI-1914, liderado polo profesor Wenceslao González Manteiga, está constituído pola maioría dos membros do Departamento Análise Matemática, Estatística e Optimización da USC, integrando a investigadores en estatística aplicada, metodoloxía estatística, investigación de operacións e teoría de xogos. O grupo ten recoñecida a súa traxectoria como estrutura de investigación consolidada dende a primeira convocatoria da Xunta de Galicia, e durante estes anos, deu lugar a un Grupo Emerxente (convocatoria 2012, sendo IP Julio González Díaz), se ben os seus membros seguen integrados en MODESTYA.

O grupo está formado por catro catedráticos, nove titulares de universidade/profesores contratados doutores, un axundante doutor (ex-Ramón y Cajal) IP do proxecto Optimización, eficiencia y competitividad en el sector energético (MTM2014-60191-JIN) do Ministerio de Economía y Competitividad, unha profesora colaboradora, cinco investigadores en formación e dous contratados de proxectos. Os centros de traballo son a Facultade de Matemáticas, en Santiago de Compostela, e a Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. MODESTYA conta tamén coa colaboración estable de investigadores doutras universidades, tanto nacionais como estranxeiras.

O grupo conta cun Servizo de Consultoría Estatística, creado como obxectivo fundamental da primeira fase de consolidación, e que hoxe presta servizos de asesoramento e apoio estatístico a empresas e grupos de investigación.

A actividade de investigación dentro do grupo canalízase a través de distintos proxectos competitivos, tanto internacionais e nacionais como de carácter autonómico. Esta actividade pode dividirse en dúas áreas fundamentais: Metodoloxía Estatística e Aplicacións, Investigación Operativa e Teoría de Xogos, contando en cada unha delas con proxectos de investigación competitivos en vixencia.

Na actividade de transferencia de tecnoloxía pódense distinguir proxectos e contratos en colaboración con empresas, coa Administración Pública e actividades de asesoramento estatístico non recollidas en proxectos ou convenios, levadas a cabo principalmente dende o Servizo de Consultoría Estatística. Debe terse en conta a participación do Servizo na atención nas labores de xestións dos convenios. Os proxectos e contratos pódense agrupar en varias liñas, sendo as máis activas e con maior especialización do grupo, as que se expoñen a continuación.

MODESTYA, colabora coa Central Eléctrica de Endesa Generación (As Pontes) dende hai máis de 20 anos, desenrolando modelos predictores de diversos axentes contaminantes que se implementaron no Sistema de Predición Estatística de Inmisión.

Dende o ano 2001, MODESTYA colaboran coa ACSUG no proxecto de inserción laboral centrado nos titulados universitarios.

Dende o ano 2011 MODESTYA xunto co grupo Ingeniería Matemática (USC) colaboran con Regasificadora del Noroeste, S.A. no desenvolvemento de modelos e software para simulación e optimización dunha rede de transporte de gas.

A promoción da transferencia dos resultados da investigación á industria canalízase mediante a Red Española Matemática-Industria (math-in), da que se forma parte.

A colaboración multidisciplinar de MODESTYA provén fundamentalmente da participación nas redes: Tecnoloxías e análise dos datos lingüísticos, Rede Tecnolóxica de Matemática Industrial (TMATI), IEMath-Galicia xunto con grupos doutras áreas das universidades galegas, sendo o IP membro promotor destas dúas últimas.

Membros

Con data 1 de setembro de 2016, son membros

  • Wenceslao González Manteiga (Cat) 
  • José María Alonso Meijide (Titular) 
  • Balbina Virginia Casas Méndez (Titular) 
  • Luis Coladas Uría (Cat) 
  • Rosa María Crujeiras Casais (Contratada doutora) 
  • Pedro Faraldo Roca (Titular)
  • Manuel Febrero Bande (Cat) 
  • María Ángeles Fernández Sotelo (Titular) 
  • Julio González Díaz (Axudante doutor) 
  • María de la Nieves Muñoz Ferreiro (Colaborador) 
  • Beatriz Pateiro López (Contratada doutora) 
  • José Manuel Prada Sánchez (Cat) Luis Alberto Ramil Novo (Titular) 
  • Alberto Rodríguez Casal (Titular) 
  • César Andrés Sánchez Sellero (Titular)