GOND023
Co desexo de acordarvos 
| Título | Co desexo de acordarvos | 
| Autor | Cernadas y Castro, Diego Antonio | 
| Fecha originaria | 1773ca | 
| Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto | 
				Opciones de visualización
				Texto:    
Mostrar:    
 Etiquetas:  
				
 
				
				Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
				
				
				
			
			
			
     
    
                    
             
                 A la misma Señora, en lengua Gallega.
                           
        
        
            
DECIMAS.
        
    
    
        
              
                 Co ò desexo de acordarvos,
                 que en Galicia ò seu funduxe
                 ten à vosa nobre fruxe,
                 vou en Gallego à falarvos:
                 De esto non hay que estrañarvos;
                 antes ben, facendo gala
                 de esta nacion, estimála,
     
                 è si   porque moyto dista,
                 non à conocès de vista,
                 conocedéa po la fala.
              
              
                 O que n’ò meu peito pasa,
                 decervos quixera agora,
                 miña moy nobre Siñora
                 Marquesa de Camarasa:
                 Mais si ha de ser pò la tasa
                 do meu reconocemento,
                 non è posibre ò que intento,
                 pois para eso, à ben ser,
                 me facia falla tèr
                 todo ò voso entendemento.
              
               
                 Sí, miña Siñora: ò meu
                 è moi cativo, è minguado,
                 con que non pode ò coitado
                 dar mais do que ten de seu:
                 Por un ninguèn me teño eu,
                 posto n’à vosa presencia,
                 è non me estrevo en concencia
                 à falar, sendo un Jan-pan,
                 con unha Siñora tan 
                 Grande, como Voselencia.
                            
              
                 Grande sòdes, è esto non
                 soilo pò los herdamentos
                 dos Cobos, è dos Sarmentos,
                 que en tanta altura vos pon:
                 Por unha è Outra razon
                 à vos à Grandeza pasa
                 de Ricla, è de Camarasa,
                 è anque esta tan alto guinda,
                 vos sòdes, Siñora, ainda
                
                 mais Grande que à vosa casa.
             
              
                  Esto è certo, porque vos,
                  por tan xenerosa, è boa, 
                  hoxe sòdes à coròa
                  dos vosos nobres Avòs:
                  Por eles sabemos nos
                  tendes estados, è rendas
                  con regalias tremendas,
                  mais todo esto è nimigalla,
                  que por moito è ben que valla,
                  non chega co’as vosas prendas.
              
              
                  Mais de estas, que son patentes,
                  non quero falar, porque
                  para vos, ò oilas è
                  coma rallarvos os dentes:
                  Xamais tivestedes mentes
                  de alabamentos por elas,
                  è anque percurades telas
                  de todos para ò proveito,
                  sempre estades con despeito,
                  por non poder escondelas.
              
              
                  Mais non podès, porque ò lume,
                  por moito que se atafegue,
                  logo ò venta quen se achegue,
                  anque del non vexa fume:
                  Xa sei tendes ò costume
                  de obrar ben con un porfundo
                  sagredo, mais n’eso fundo,
                  que hay de vos novas mais cheas,
                  porque d’as vidas alleas
                  sempre fala moito ò mundo.
              
              
                  Eu pò lo menos de dia,              
              
                  è de noite, si aquí Dios
                  me dese con quen, de vos
                  falando sempre estaría:
                  De eso non me fartaría,
                  pois teria en eso groria;
                  mais tamen cousa è notoria,
                  que si por non poder mais,
                  à lingoa cala, xamais
                  está calada à mamoria.
             
              
                  Esta decote decindo
                  à orella me está: ¿qué fas?
                  ¿dónde, Siñora, acharás
                  de xenio mas nobre é lindo?
                  Tí de ela estás recibindo
                  honras sin comparacion,
                  è anque todas grandes son,
                  à que causa mais espanto,
                  è à de facerche canto
                  n’ò seu nobre corazon.
              
              
                  ¿Con qué has de pagarlle, dí,
                  (si podese caber paga)
                  ò que sendo quen è, faga
                  conta de un tal coma tí?
                  Eu respondolle, è así:
                  mais tamen así se vé
                  à sua bondá; porque
                  tanto favor, è tan bó,
                  non m’ò fai, por quen eu só,
                  si non por ser ela ò que è.                  
              
              
                  De esta maneira entre min
                  falo de vos à calada,
                  è din n’esta matinada,             
              
                  desde que en ser voso din:
                  Moitas veces presumin
                  decervolo, coma agora,
                  mais como sodes Siñora
                  tan grande, non se estreveu
                  à musa, porque temeu
                  à nota de faladora.
              
              
                  Pero hoxe mais advertida
                  conoce andòu á ó revés,
                  porque unha expresion cortés
                  nayde à ten por atrevida:
                  Po lo mismo arrepentida
                  de haber calado, hoxe fala,
                  pois anque para excusala
                  non faltaría disculpa,
                  sempre que è dudosa à culpa,
                  ò mellor è confesala.
              
              
                  Sírvase, pois, Voselencia,
                  de botarme à ausuluzon,
                  pois en esta confeson
                  descargo à miña concencia:
                  espero esta induluxencia,
                  que lle pido sin falacia,
                  propondo con eficacia,
                  como (Dios diante) cudicio	
                  vivir n’ò voso servicio,
                  è morrer en vosa gracia.        
                         
        
    
 
			
			
			
			
			
				| Leyenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied  | 
Descargar XML • Descargar selección actual como TXT