GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND054

Romance da urca de Santo Antón

TítuloRomance da urca de Santo Antón
AutorAnónimo
Fecha originaria1777
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Amigo da miñha alma polo moito que te istimo heyche de contar un conto que chá de dar justo ohílo: ê com'-estamos tan lex̃sos que nompódo estar con tigo, nin dicircho cara á cara, màndocho así por escrito, é perdona á confianza que che fale en este istilo, que como tí ben conoces que són Jallejo castizo ó falarche en Castillano sería un gran desatino: Unha vez quix̃sen probar é mais foy con tanto tino que por Pepa dix̃sen Piepa é isto tan escutelido que dey un pouco que rír deix̃sandome á min corrido; desde estonce fix̃sen voto de, anque estea no martirio, non falar unha palabra que non sea en Jallegiño. Por acó conozo muoytos que queren facer ó mismo, éfán un misto de lenjuas que causa gran risa ohílos; in fin, bamos ô meu conto qui hé moy terno, é compasibo. Aló polo mes de Mayo saleu da Habana a'-ste sitio á Urca de San Antón* * Urca es mas grande, q̄ fragata de Guerra pa. carga de pertrechos, tropa &c. lleva cañones qu'-asi hé ó seu apillido; quen era ó seu capitan por ahora non cho digo, por que lógo cho dirèy in vindo-ó caso decílo: nómbeareyche ó capellan por ser filho dé veciñoho, chàmanchelle D. José fameliar do santo oficio, heche un jran sacerdote pró para ó mar temído, tanto que neste viax̃se non pensaba chejar vivo. Ó Piloto x̃sa se sabe, tamen filho de viciño un home de pelo en peito que cospe polo colmillo, iste fála en castillano por que llo requer ó oficio, é fàgoche esta advertencia para que esteas savído que en falando en castillano fal'-ó Piloto que digo. Bolbamos ô noso conto: vindo pois polo caminho lebantous'-un pouco mar que xs̄a adoyto de contíno; pero non sería tanto como quix̃seron decilo qu'-aveces moy poucas noces mèten un jrande roído: in fin, fose como fose, qu'-ô medo hé un jran vicho, senon diga'-ô-capellan qu’-ese hé ó milhor testijo, que como en sana salude x̃sá ten cara de aflixsido, vendo qu’-ô mar non cezaba estaba tan compunxsido que paricia ó retrato d’-un serafico Francisco: Tod’-era subir arriba rezando salves é hinnos é chejabase ó Piloto é dicialle: Pepiño, ¿que che parece de min? ¿Chejariey ó Ferrol vivo á ver âs minhas irmás qu’-é cousa que mais istimo? ¡Dios mio! Sé désta escapo anque sepa andar pidindo hey de pertender non ser mais Capellan de Navío; quedareyme no Ferrol, por que con catro enterriños é Misa todo-los días paso com’-hun Arzoebispo; ó demais heche tolax̃se andar por estos camiñhos peleando contr’-ô vento, qu’-hun médo me ten mitido qu’-ainda’-en terra lhey de ter med’-ô vento que rispiro. O Piloto que x̃sa habia un pouco qu’-estaba ohindo dixsolhe por animalo Callese V. padre mio que no quiere decir nada que mucho mas hé corrido; y aquestos golpes de mar todo es polbo del camino. Si viera V. una ocasion ó viniera V. con migo yendo yó para la Habana poco mas que en este sitio se lebantó una borrasca y un tan recio torbellino que nos hechó á parar poco menos que al Abismo: andubimos en el agua treinta dias sumergidos, sin vernos unos á otros; este sí que fué peligro. Cappn. ¿é encendiades ó fogòn? Pil. Todo se comia frio. Capp. ¡Dios mio! x̃sá estou tembrando non soceda ahora ô mesmo. ¿donde fostes á parár? Pil. Este es el mayor prodigio que sin morirnos un hombre por ir todos escondidos, fuimos al cabo á salir á un sitio desconocido; que no sé como se llama; pero despues con mi arbitrio pude encontrar la derrota y salimos del peligro Capp. ¡Vallame Dios que mentiras é que chéa de embolismos me meteo este hom’-aquí! mais hé menester sufrilos, porqu’-está feyto un Narón y así nonlhe contradíjo, por que me meterá mais, é como son tan crehído entrarame unha aprension que me quitar’-ô sentido; é in isto un jolpe de mar beu é saltou ó portillo, é colheunos discuidados é molhounos. ¡santo cristo! dixs̄o ó capellan entonces: est’-é ô dia do x̃suicio; boume d-’âquí para baixs̄o, bou facer hun ecsorcismo: meteuse na Sta Barbora, foy remex̃ser ós seus libros é buscar ó manual para informarse dos ritos, é tamén das ceremonias que pide este requisito; é como no no encontrou quedouse alí pensatibo, nisto outro golpe de mar beu, é deu á popa un bico, arrancou non sey que tablas, é aqui foy ó halarido (perdona unha dijresion que che bou fager amijo, solo por facerche ver ó que pasa n-hun Navío) Cando hay algunha tormenta, primeiro tocan ó pito, lojo sal-ó capitan botando hun voto á Cristo, có ó jorro sobr’-os olhos é na boca un cijarrinho, se ó colhe discuidado qu’-á caso estaba dormindo, sáy có-á-camisa de fora que non jastan calzoncillos, tran unha bata moy lonja que lhes cheja ôs tubilhos, conque con ista fijura parece un Caifas ó vivo: por dicir señor Piloto, como ven medio dormindo, dicelhe: Seor Pilato, ¿Qué es iesto, que há soucedido? señor, le dice, no es nada, no hay miedo (savelo cristo). ¿Acia donde bá la próa? lhe perjunta; é aturdido respondelhe un quid pro quô, que na ocasion val ó mismo: nesto ven ó contra-mestre cunha cara de xs̄udio có-ó-seu jorro na caveza, posto na centura ó pito, é se non ven, logjo ó chaman, que tamen é do concilio; dicenlhe: nostramo Pedro, ¿los masteleieros ban figos? ¿está esa GJarcia fuerte? ¿hay aljun palo rendido? Non lo sé Sor boy ver; é ien pouco mais de dous brincos dende popa bay á próa, é sè atopa no camiñho aljun pobre mariñheyro an que seya seu amijo cimbralhe'-unha bofetada com'-a a que deron á Cristo, é dempois que lha ten dada dilhe: aparta cochino: Qued'-a ó pobre marinheyro botando tantos bofidos:::: él nin queda por ladron nin queda por Malco indino, maldicelhe ôs sacramentos comezando có-ó-bautismo; non coydes qu’-è este solo qué a todos lhes fay ó mismo: nisto jrita ó capitan se ó medo lhe dá arbitrio que tamen entra co'-eles como cô-noso veciñoho Capn.) Aferren la mayor, dice, pues que estamos en pelijro: Aqui entr’-á vocería, aquí ó tocar dos pítos, aquí ô botàr maldiciós, aquí ós votos à Cristo; porque nestas ocasiôs disque ó x̃surar nè delito: ¿Faste carjo de tod'-o isto? Hayche mais qu'-ainda omito, que por non serche pesado non cho poñho por escrito; pero esto pouco qu’-oyes dào ti por socedido na Urca de San Anton, que foy d'-arribada á Vijo: mira nesta confusion como estaria ó pobriñho d'-aquel Padre Capellan que deix̃samos pensatibo, sudando, orando é rezando, estaba pidindo á Cristo, dicindo pase Señor de mi este Caliz sagrado; anque por vevelo eu me chegen á ver Obispo. No meydio de esta afliccion non achou nengun alibio, com’-ô bento continuaba é repitian os gritos dos mariñheyros qu'-estaban feitos únhos basiliscos, acordouse neste punto da Madre dos aflixs̄idos, vendose en tanta delor dixs̄o - os Dolores m'-e arrimo, fixs̄o unha deprecacion á Virx̃sen con tantos mimos que sintieu no corazon unha migiña de alibio; foyse dempois tranquilando, de todo nunc'-a ô estibo nin-ô estará x̃samais hasta' ó dia do x̃suizo; pois que foy tal ó tierror que concibeu neste aflicto que cando se bay labar hestra-àuga lhe dá grimo. Dicialhe il á Uirxsen: Miña madre de aflixs̄idos quix̄sera, chigejand'-â terra facerbos con jrand'-aliño unha soleme funcion, mais isto costa os cartiños, y-eu non estoy prà jastos, direylho-ó meu viciño Ijlesias, que com'-o el queira ambos iremos pidindo á toda-tripulacion, que diste modo confio que nos sobrará diñeyro si todos dan seu pouquiño, ô que non quix̃sere dar botareilhe un sermonciño, con que ó farey chorar, ó mesmo qu’-un rapazíño; diste modo quedo franco sin jastar do meu bulsillo: iste hé un jran pensamento, boume correndo á decilo. Foyse pois determinando á salir do seu boguío é á subir as escaleyras piarou facendo peniscos, porqu'-ainda á embarcacion iba pejand'-óseus brincos; non parou hast'-a atoldilha á buscar ó seu amijo, é dix̃solhe ¿qué hay Igjresias Piloto- Vien venido padre mio: V. viene medio muerto Capp. ¿Il é ó caso prá menos? Pil. Pues aprender buen oficio Cap. Teñoche que consultar: tragoche un voto ofrecido de facer unha funcion á Madre dos aflixs̄idos así que cheg’-ó Ferrol: non sey si podrey cumprilo Pil. ¿Tiene V. mucho dinero? Capp. ¿Que diñeyro nen que Cristo? Teñoche unha estrataxs̄ema feita, que si á consijo n'-hábemos de jastar nada é habemos quedar lucidos. Pil. No sé como puede ser, no sea algun desatino. Capp. Tí moy pouco saves diso, mira, vente ti co-mijo pidamoslh’-ó capitan que non dudo consigilo qu’-é home de rompe é rax̃sa é il por querer lucilo hé capáz nesta ocasion de franquearnos ó bolsillo: pidimos-os-oficiás que tamen farán ó mismo é dempois os mariñeyros iremos consecutibos: así nos contentaremos anque seya cun cartiño cada hun, que moytos poucos iran facendo hun moytiño. Pil. La traza no há sido mala, yó no deshago partido. Deronse pois tanta maña ó Piloto é ó cregiño que conforme ó pensaron así mesmo ó consigiron: aqui os dous o consultaron, xs̄a se save, era preciso conforme había de ser á infuncion no Ferroliño. ó primeiro na parroquia; por ser hun bó edificio, dempois á Misa cantada no Altar do Santo Cristo, qu’-ó Altar mayor aínda non podrá estar concluhido: logo habemos de poñer::::: Pil- Aguarde V. padre mio: ¿y en esto de sacerdotes que asistan á la funcion? Capp- Hom'-e eü prá ista infuncion poucos crejos naezasito, en x̃suntandose no coro Maestre Freyre é ó seü filho, hèu, ó filho de X̃san Gomez,* D. José Gomez, Sacerdte. q.e.p.d. é mais Nicolás Cordido, cantaremos unha Misa que poucos à habrán ohído: poñeremos ó Señor manifiesto (esto hé preciso), é en acabando á Misa reserbar decontadiño: ó demais jastar á cera será hun jran desatino Pil- ¿Ha de haber musica, Padre? Capp- Bó: en chamando eu á Sisto Arostigui é mais á outros oficiás dos conocidos temosche musica á bondo é forramosche os cartiños. Pil- Pues en esto de Sermon yó iré á Sn. Francisco y al predicador de tabla que es un Fraile chiquitico selo recomendaré (con su parecer, amigo.); Dicen que es buen orador y nos dejará lucidos Capp- Home tí sey que estas louco ou sey que perdiche'ó tino; eu para iste sermon ¿habia d'-ir á Sn. Francisco? nin tampouc’-á Montefaro nin áos Alcantariños? Predicador, com’-eu sey non hay por estes partidos anqu'-ó busques nos Bernardos ou entre'os monxs̄es Benitos anque diga os Carmelitas nin entr'-os Capuchinos. Ti conoces á Suarez que foy noso condicipalo nascola, un jrande estudiante? (Heche un mozo moy lucido) ¿O fillo de Pepe Suarez aquel que vive en Canido? Saves qu'-hé un jran Bachilher é istubo sostituíndo unha Catedra en Santiajo y-agora esta en Beneficio? Pois ese há de predicar y há de deix̃sar aturdidos á cantos hay no Ferról que moy pouco teñen visto; é si traye á Sotana conque sempre'anda rux̃sindo porque hé de seda, é parece hun pax̃se dun Arzebispo... Pil. Si es asi yó me contento y-delo demas me río. En estas idas é boltas foron entrando por Vijo é ó qu'-alí socedeu non cho poderey dicilo; hasta qu'-entraron aquí, que lojo deron principio á facer á sua festa, que che foy por este istilo: en permeiro foyche Igresias dar có-él ó Beneficio deronse catro abraziños qu'-ehé natural entre amijos pois x̃sâ habia muyto tempo qu'-os dous non se habian visto, lhè encargaria ó sarmon qu'-á eso iba dirix̃sido, contarialhe os pasax̃ses é tormentas qu'-habian tido, é como isto de palabra sempre pasa polo olvido pideo lhe dese ó diario para estar mais adevertido; é de resultas de isto botarian un tragiño, qu’-os curas beneficiados sempre teñen hun bó viño: haybos certas malas lenjuas qu'-andan no Ferrol dicindo que cando fixs̄o o sermon que ó fora dirixsindo aquel filho de X̃San Gomez que che lebo referido; mais eu amijo non creyo; qu'-anqu'-hé estudiantiño para isto de Sarmós há menester ser sabído: en fin D. Anxs̄el Suarez saleoü do seu beneficio, é beuse pro-ó Ferrol tres dias antes Domingo; hibase todas as noytes có ó outro seu amijo, metianse na parroquia, é quedandose soliños; cerrabanse por adentro, subiase ó Pulpitiño, desde ali daba unhas voces, que se aturdía á si mismo: interin qu'-así berraba andab'-aquel seu amijo xs̄a nunha parte xs̄a noutra xs̄a frente do Sto Cristo xs̄a detrás d'-unha colüa; por si pudia ser ohído ou se perdia aljun jrito. de resultas de esta proba quedou tan sofocadiño, que botou polos fuciños de sangre mais d’-hun cuartillo. O dia de Sn. Lourenzo qu'-est'-ano cadro'-en dominjo áló por redor das dez á festa deu seo principio: empezaron á tocar acordes os musiquiños é empezaron á cantar os do coro á hun tempo mismo. Freyre facía de baix̃so, de tiple facia-ó filho,. é dempois de contra-alto iba Nicolás Curdido; de Tenor facia Franco qu'-á veces daba us chilhidos qu'-ô botaba á perder todo, senon fora pelo filho de XS̄an Gomez, qu'-o enmendaba é cáse facia, ó mismo: en fin non cantaban mal, anqu'-eu non fun ohílos, tampouco ohín ó sermon; pero contoume un amijo todo canto zocedeu é che lebo referido. Asistiron á funcion ó XS̄eneral qu'-hé amijo da casa, é iste libóu á os oficiás con sigo: Asístèo ó Gobernador con todos os seos blanquilhos, dempois tamen ó Intendente lhe foy facer ó comprido; dempois os do Ministerio tamen fixs̄eron ó mismo; asistiron as Señoras as de tintin é abanico, as de hábito do Carmen, as Señoras do pouquiño, é as de media tixs̄eira é tamen as de trapiño, todos estes convidados foron polo consavido Señor cura de Sillobre con recados pohiticos, ádemais X̃sente do Pueblo que x̃sà leran os edictos qu'-habia polas esquinas de que predicaba un filho do Ferrol, todos estaban renegando por ohílo: empezouse á celebrar de esta Misa ó Sacrificio é chejando ó evanxs̄elio lojo viron de improviso que ó señor Abade estaba xs̄á no pulpito metido có-á sotana de seda á pelhiz de cambray fino aplanchada é aliñada que parecia un armiño, é con hun pucho na más qu'-hé necesario ó aliño é dempois arrodilhouse para botar ó bendito; lojo coljou ó bonete d'-hun crabo ou garabatiño, é persignouse en latin, que foy un gran desatino non prosegir ó Sermon en latin; por que imax̃sino, que os mais qu'-estaban dentro cas'-entenderon ó mismo, qu'-ahora os seus paisanos por non saver ó qu'-hé bó lhan de romper ó vistido; cruzou os brazos, cerrou os olhos, murmuñou, non sey que dix̃so, en esta ocasion estaban todos colgados d’-hun fio, cando isto me contaron acordeime d'-hun libriño, que lín, en donde hachey para este caso hun contiño: alá en certa ocasion daba un monte grandes gritos porque queria parir é tiña ô mundo aturdído pensando que rebentase ou pegase un estalhído ou abríse unha bocaza é dela salise un rio qu'-anejase tod'-o mundo é nos deixsase sumerx̃sidos; chejóu ó dia do parto éparíu hun ratonciño; con qu'-amijo, sei me entendes atí este conto che aprico; por que sejun me contaron aquí socedeo ó mesmo; cando todos esperaban que botase o sermon a gritos como cando se ensayaba, il falaba tan pasiño qu'-algunos coidaban qu'-as falas iban pola porta fux̃sindo, á cual cerraron entonces, pero despois foy ó mismo; de sorte qu'-aljunos qu'ohiron, cando pejaba alguns gritos, entrabalhes pola boca, pero non polos ohidos: esto sí que me contaron que fora facendo un misto de encontro, de sintimentos, de colüa, crucifix̃o, bofetadas, desenclabo, bolbiase á barca ou barquillo; x̃a falaba de borrascas bolbias’-á ó Crucifix̃o desorte qu'-el enclaboü unhas tres veces á Cristo: él salía do Calbario é iba d'-arribada á Vigo, falaba do Capitan qu'-hé teniente de Navío. é poñiase á chorar com'-hun neno pequeniño: estonces os qu'-ó ohían dicían que estaba rindo do gozo é de contento de ver oben que o fix̃o: duróu com'-hora è media pero anque durara un siglo sin comer é sen vever se podía estarlhe ohíndo, anqu’-hay aljuns que n’-entenden óutros mais contentadizos que porqu'-estubo algo largo diz qu'- lhes causou fastidio, ó demais n'-estibo malo, se os qu'-ohiron n'-entenderon il non tibo culpa amijo qu'-ó sarmon era prà outra poblacion mais distinguida; dentro d'-hunha Catedrál diante todo hun cavíldo porqu'-este pueblo hast'-ahora está moy mal estruhído. Eu ohín á duas vellas en Sn Roque, que lhe dix̃o unha-á outra ¿qu'-hay fulana? ¿ohíche ó sarmon domingo? ¿que che pareceo de èl? saves qu'-andan dicindo dix̃olhe á outra ¡ay amija! así cheme axude Cristo que che me fix̃o chorar é votar catro moquiños, é cada vez que m'-acordo anda me socede ó mismo; anque hay algjuns ignorantes dos que che foron a ohílo que non lhes pareceo ben que se pux̃era no sitio il anda che meu parente é mais seique hé teu primo. X̃a se save, dix̃o á outra qu’-o abó dél era meu tio; seu abó era meu abó. Pois mira se hé teu parente: é así amija do sarmon non che podo decir fixo, huns din ben, outros din mal quen lhes tomara ó tino, janou oito pesos duros é il salíu d'-alí rindo, lojo se foi á Mujardos donde quedou moy lucido porqu'-alí hay outra xente que non hay no Ferroliño. Foy pedricar de Sn Roque y-antes tomou dous caldiños que non sería tan mal sé en Ferrol fixera ó mismo: esto hé ó que pasou que chemo contou un amijo que tamen déu prá á festa cando arribaron á Vijo, dín que há de predicar de Sn X̃ulián ó martirio, moy pouco tempo lle dan prá rexistrar os seus libros: Infin do que socedere se hé qu'-os dous andan x̃untos eu cho participarey: entretanto Adios amigo.

Conocìlos à todos, y se percibiria mejor, si yo le leyese: omnes in pace requiescant. Amen.


Leyenda:

Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied


Descargar XML • Descargar selección actual como TXT