GOND007 Ou, meu varón eminente
Título Ou, meu varón eminente
Autor Rodríguez, Ignacio
Data orixinaria 1697
Edición Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto >
Tipo de fonte Impresa
Lingua Galego
Xénero Poesía culta
Difusión Textos públicos
Autonomía Textos compilados
Editor do volume Ioseph Varela y Vasadre
Título do volume
Fiestas Minervales, y aclamacion perpetua de las Musas, à la inmortal memoria de el Ilustrissimo, y Excelentissimo Señor D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo, y de Santiago, por sv escvela, y vniversidad
Lugar de publicación Santiago de Compostela
Editorial / Imprenta Antonio Frayz
Data do volume 1697
Páxinas p. 52-55
Opcións de visualización
Texto: Transcrición Edición interpretativa Estandarización
Mostrar: Cores Formato <pb> <lb> Imaxes
Anotación: Etiqueta morfosintáctica Lema
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
DE DON IGNACIO RODRIGVEZ
ROMANZE GALLEGO
OV meu Varon Eminente ,
Ou Raudal do meu Fonseca
Da nossa terra gran Padre ,
Gran Fillo da nossa terra .
Camiñou dela correndo
A cumbre por eminenza ,
Donde firmamento moble
Nos fizo ver as Estrelas .
Si por ben , mais non por mal
Cando posto sempre en vela ,
Nos alumbrou lumioso
No candieiro da Igresia .
Aquí naceu , è foi forza
No noso centro nacera ,
Que estrelas adonde han de ir ,
Sinon ò Campo da Estrela ?
Esto suposto , vejamos
Quen mais obrigado queda ,
Si Fonseca à sua Madre ,
Si à ò seu Fillo , Compostela .
Y en canto ò primeiro , digo ,
Que parece ser primeira
A Madre Patria ; por que ,
Coa Patria no ay contenda .
Precrara cousa è morrer
Por ela , è tamen enela ,
Logo è , porque estàn os fillos
Obrigados por tal deuda .
Mais , que aunque èl algun dereito
abertamente tuvera ,
Atrauesandose a Madre ,
E moi ben , que ò fillo ceda .
Fora desto si llè afeito
Sempre tamañas finezas ,
Tamen achou , que è prodijo ;
Vnha gran correspondenza .
E si non digao à pompa ,
A magestad , à grandeza ,
Que os fillos dambos Iacobos
Fan en barrenar apressa .
Das suaves dulzes augas
Conque Ambrosias febeas
Po las venas de Aganipe
Passan à encender as venas .
Desta sorte lle tributa
Alfin memorias eternas ,
Agora vejan si à Madre
Ten mais razon no que alega .
Pero no ostante perdone
A Patria nesta materia ,
Quela doulle ò nacimento ,
Y el doulle ò ser , conque alenta .
Esta terra apareceu
Arida na nosa esfera ,
E no mar purpurio , è rojo ,
Sin estorvo vnha vereda .
A purpura deste Fillo
E ò mar que fecunda , è rega
A Madre arida , è esteril
Bolvendo a Primaveira .
Prantoulle à Vniversidade ,
Que è pasmo da misma cienza ,
Librouna con paso franco
De rigurosas gavelas .
Fundou Colejos insignes
A donde ardentes centellas
Luzen , alumbrando ò mundo
Co ardor da suas letras .
Son aquestos fundamentos
De mais alta consequenza ?
Pois porque hemos de dudar
Ca Patria obrigada esteja ?
Ela si que tuvo sorte
E fortuna verdadeyra ,
Que èl , calquer terra obrigara ,
Nacera donde nacera .
E si por regla , ò contrario ,
Din , que Praton firme assenta
No ay regla sin essecion ,
Y el foi essecion da regla .
Lenda:
Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied
Descargar xml • Descargar vista actual como txt