GOND050_A
Adán non pudo pecar
Título | Adán non pudo pecar |
Autor | Cernadas y Castro, Diego Antonio |
Data orixinaria | 1753ca |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
>
Tipo de fonte | Manuscrita |
Lingua | Galego |
Xénero | Poesía culta |
Difusión | Textos semipúblicos |
Autonomía | Textos compilados |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
De Fruime sobre esta copla:
Adan non pudo pecar.
Christo non resucitòu.
Sn Juan non ò bautizòu.
Ningun se pode salvar.
Dios â Adan co ô seu poder
puxo aquela Privazòn
duna mazan, por qe. non
se desmandase en comer.
Que fixo Adan? Quixo encher
ô fol, è à manzan provar:
Assi pecou, qe à non andar,
aunque con Eva foi mol,
no conto ò demo do fol,
Adan non pudo pecar.
Desde ali no fol do embigo
xunto à caca nos criamos,
sendo da culpa, qe. herdamos,
ò fol ô primer castigo.
Desto poño por testigo
à quen nos comadreòu.
Aquel fol nos apestou,
è si algun mo nega, àfè
tamen pode decir, que
Christo non resucitòu.
Ali Adan quedou tan feo,
que enfrascado na malicia
se veu cheo de inmundicia,
assi que ô seu fol veu cheo.
Fillos, è fillas à reo
desta manera ciscou:
Sola mui limpia quedou
à nai deaquel capitan,
que outro como el no Jordan
Sn Juan non no bautizòu.
Fixo penitencias rexas
Adan de foles vestido,
que os foles, fora ô cortido,
ò mismo son, que pelexas.
Por Silicios, si ò cotexas,
ò fol se pode tomar,
e non os sabendo o levar,
cando enfadan à pacencia
os foles, en penitencia,
ningun se pode salvar.
Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar xml • Descargar vista actual como txt