GOND058
Pranto pola morte de Luís I de España
Título | Pranto pola morte de Luís I de España |
Autor | Losada, Luis de |
Data orixinaria | 1724 |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
>
Tipo de fonte | Impresa |
Lingua | Galego |
Xénero | Poesía culta |
Difusión | Textos públicos |
Autonomía | Textos compilados |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
ENDECHAS.
CHoren os meus dous ollos
(Mal fadado de min!)
Choren mais auga quente,
Que fria ò Miño, è Sil,
Dò Ceo ò dòce orballo
Non molle ò meu confin,
Pois ja crùo dôr gèa
Meu folgar, ê meu rir.
Pò la mañà ben cedo
O nosso Rey Don Luis,
Mais ledo, mais garrido,
Qu'ò cravel, è ò jazmin:
Tan lindo, tan benfeito
Que posto cabe d'il,
Adonis ê un probiño,
Narciso vn aprendiz:
De froles ê ninguen
O mais galàn Pensil,
Nimigalla d'aromas
O Hyblèo Jardin.
Il foy Lis volta en rosa,
Ou ben rojo alhelì,
Foy colorada neve,
Ou nevado carmin.
Foy maravilla muita,
Que soubesse vivir
Vnha alma tan christiana
Nunh corpo tan gentil.
Rey, cuio pouco tempo
Foy tempo tan feliz,
Que reynou, fago conta,
Oyto meses d'Abril.
Ista pois Frol dà morte
Logo que à vin ferir
A negra fouce, negras
As miñas fadas vin.
Non mais Abril, nin Mayo
Os Sinos faran vir:
Serà d'eiqui por diante
Vnh Inverno sin fin.
Uotai me à maos ben cheas
Rojos Lirios: qu'assi,
Crendo, qu'ò Rey Luis torna,
O Inverno irà à fugir.
Mais nà leyra dò Ceo
Prendeu à frol de Lys,
E ò seu eido lle deixan
Estrelas dò Zafir.
Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar xml • Descargar vista actual como txt