GOND070
A cabaza
Título | A cabaza |
Autor | Cernadas y Castro, Diego Antonio |
Data orixinaria | 1775 |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
A Cabaza
Oferta Gallega
Vexome nesta ocasion
porque non lle encontro trazas,
canto a daruos Calabazas
metida en gran Suspinsion:
Pode enfin soprir ô Don
da Vosa Cabaza solo
a miña Cabeza polo
moyto, que ela Señor tên,
de lixeyra, ê mais tamen
porque ten pouco meolo
Non Vos causara estrañeza
canto no caso propoño
pois no què falo, non poño
nada da miña Cabeza:
Para Cabaza nò è Peza
meu Siñor de Compremento
èla ter non ten asento,
è para enchela Vos bèn
tamen uedes, que ela ten
dentro moytisimo Vento.
Como este ano pega Chascos
ô Mosto
Como Vos non fagas ascos
de pasala â Vosa man
xà â miña Cabeza yràn
quenzendolle ben os Cascos.
Excuso acudir à os frascos.
Meu Siñor para asi vquenzelos,
porque teño meus rezelos,
que ê candardo à Cabeza è,u è
porme en paraxe de què,
lebe agarrados Uns Pelos.
Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar xml • Descargar vista actual como txt